Trebellos || Gadgets en galego

Mercado Libre?

olpcO trebello por excelencia para os nenos de moitos paises do Terceiro Mundo vai ser, se non

pasa nada, o OLPC (“One Laptop Per Child”, “un portatil para cada cativo”). O proxecto xa pasou polas etapas de deseño, promoción e financiamento, e esta a piques de comezar a súa distribución. A mellor proba do éxito é que xa lle sairon competidores, coma o Classmate que hai ben pouco presentou Intel. A “guerra de fondo” pódese seguir nos dous frentes posibles: o procesador e o sistema operativo. O OLPC leva AMD e GNU/Linux, e o Classmate Intel e Windows. Os consumidores, polo común, somos os beneficiarios das loitas comerciais. Pero neste caso, sera posible que os nenos do mundo adiante queden sen trebello polos enfrontamentos nas “alturas”? Máis información: Gizmodo.

Motorola RIZR Z8 Media Monster

Motorola Z8

Motorola ven de apresentar novos teléfonos móbiles, entre eles o Motorola RIZR Z8 Media Monster,

que está pensando para a reprodución de pelí­culas. As pelí­culas son o único que aí­nda non triunfa nos móbiles por iso as compañí­as cada vez se esforzan en facer pantallas máis grandes e de maior calidade para achegar o 7º arte aos móbiles. Este novo móbil apresentado onte ten unha memoria de 80MB ampliable a 32Gb con tarxetas microSD, reproduce 30 frames por

segundo, permitirá ver a televisión por móbil (en xuño saberemos en que paises), e terá o último en conexións: HSDPA. As súas especificacións técnicas son:

  • Bandas: HSDPA / GSM 900 / GSM 1800 / GSM 1900
  • Dimensións: 109 x 50 x 15 mm – Peso: 112 g
  • Pantalla a cor TFT 16 Millóns de cores (240 x 320 pixeles)
  • Cámara de 2 MP (1600 x 1200 pixeles) con video (30fps) e flash
  • Cámara secundaria VGA para videochamadas
  • Reprodutor de música MP3, AAC e AAC+
  • Xogos java, tonos mp3, fondos de pantalla
  • GPRS, Wap, EDGE, 3G, Bluetooth, USB V2.0
  • Sistema operativo Symbian OS 9.2
  • Mensajes multimedia MMS, Email, SMS y EMS
  • Memoria interna de 80 MB ampliable con microSD TransFlash

Visto en Gizmologí­a. Máis información | Apresentación de Motorola.

Antivirus portátil USB

USB antivirus

O principal problema dos usuarios de Windows son os virus e máis os spywares, hai que ter o sistema operativo ben actualizado para estar un pouco máis seguros. Pero os que teñen que tarballar en ordenadores que non son os seus teñen un problema xa que na maioria dos casos non poden actualizar os equipos e moito menos instalar un antivirus.

DigiWorks, unha empresa coreana, lanzará este mes un antivirus por USB. Este dispositivo permitirá escanear o PC en procura de virus, adwares e spywares sen necesidade de instalar ningún tipo de programa. Hai dúas versións do USB Virus Chaser, que así­ se chama este trebello, unha de 2 Xb e outra de 4 Xb e o prezo aí­nda non se sabe.

Un dispositivo que pode salvar a vida a máis de un.

Ví­a: íœbergizmo.
Máis Información: DigiWorksCorea.

Sae á venda o Asus F3E/S, ideal pra videoxogos

AsusA marca Asus, que últimamente saca portátiles ideais pra os xugóns, presentou hoxe un novo modelo, o F3E/S, coas seguintes caracterí­sticas:

  • Basados no procesador Intel Centrino Core 2 Duo.
  • Diversas gráficas a escoller: Nvidia Geforce Go 8400, ATI Mobility Radeon X2500 ou NVidia Geforce G8600M.
  • Pantalla de 15,4 pulgadas, con webcam opcional.
  • Sistema operativo Windows Vista Home.
  • Peso de 2,95 quilos.


Máis información:
Asus
Ví­a Xataka

RebitNo mundo dos ordenadores é importantí­simo ter copias de seguridade dos teus datos, sobre todo se traballas con ordenadores xa sexa programando ou escribindo cun editor de texto. Non é raro que por unha causa ou outra teñas que formatear o sistema operativo e con el tes que borrar todos os teus datos importantes. Hai unha solución para isto: Facer copias de seguridade (back-ups) noutro entorno que non sexa o teu ordenador. Pero para iso hai que mercar moitos CDs (ou DVDs) para gravar os datos, ou hai que adicarlle un certo tempo cada X tempo para gravar. Polo que pode que haxa veces que te olvides de facer a copia de seguridade ou mesmo que non teñas tempo de facela. Agora grazas a Rebit, facer copias de seguridade é moi doado. Simplemente tes que enchufar o trebello ao ordenador por USB e xa está. Incluso podes programar para que o back-up se faga cada X tempo sen que ti teñas que intervir para nada. Podes copiar todo o sistema operativo ou só os ficheiros e cartafoles que lle indiques. O malo é que só funciona en Windows e só podes facer copia de seguridade dos ficheiros que teñas en C:. O de 60 Xb custa 169 €, o de 80 Xb custa 189 € e o de 120 Xb custa 219 €. Ví­a: Gizmodo ES. Máis información: Rebit.

Rediseño do Meizu M8

Meizu M8Isto que vedes ao meu carón é o Meizu M8, o novo Meizu M8, rediseñado para tentar evitar unha posí­bel demanda de Apple pola gran similitude que este tareco ten co Iphone. Meizu é unha empresa de trebellos chineses especialista en “copiar” deseños de productos, mais neste caso tódolos rumores apuntan a un pequeno aviso de parte da empresa de Steve Jobs, polo que eiquí­ tedes o deseño actual. Pra quen non o coñeza, este trebello é un PMP/teléfono con pantalla de 3,3 pulgadas e resolución de 720×480 pí­xeles, compatí­bel con redes GSM, cámara de 3 megapí­xeles e outra pequena VGA pra videochamadas e saí­da TV. A nivel interno ten un procesador ARM11 e un Sistema Operativo Windows CE 6, tendo todo o anteriormente dito en 105 x 57 x 11,5 milí­metros, unha opción moi a ter en conta. Máis información: Redeseño

Proxecto Trisquel: Linux en Galego

triskelVense de presentar neste mes de Xaneiro a version 1.0 do sistema operativo en galego Trisquel logo de dous anos e medio de desenvolvemento. Trisquel é unha distribución linux, baseada no proxecto Debian que conta con distintas versions, Trisguel (baseado en GNOME), Triskel (baseado en KDE) e Trisquel Peme (pensado para o seu uso nas Pequenas e medianas empresas). Este sistema operativo 100% libre e en galego trae de serie un conxunto de aplicacions pensadas para todo tipo de usos segundo da versión. Todas traen a suite ofimática OpenOffice 2.0, navegador web e un entorno completo en galego ademais de un instalador que fai automática a detección de hardware.
Continúa lendo »

Apple TV

AppletvXa sexa coma un fracaso ou coma un éxito, un dos trebellos do ano será sen dubida o Apple TV por todo o que deu que falar (e o que dará!). Apple TV e o novo produto de apple que nos permite visualizar o contido dos nosos ordenadores nunha televisión. Para iso, sincroniza a traves da rede (xa sexa wifi ou ethernet) co iTunes da nosa máquina e garda os contidos nun disco duro propio de 40 Xb para reproducilos na tele do salón.

Continúa lendo »

« Previous Page  Vindeiras entradas »
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios