Vense de presentar neste mes de Xaneiro a version 1.0 do sistema operativo en galego Trisquel logo de dous anos e medio de desenvolvemento. Trisquel é unha distribución linux, baseada no proxecto Debian que conta con distintas versions, Trisguel (baseado en GNOME), Triskel (baseado en KDE) e Trisquel Peme (pensado para o seu uso nas Pequenas e medianas empresas). Este sistema operativo 100% libre e en galego trae de serie un conxunto de aplicacions pensadas para todo tipo de usos segundo da versión. Todas traen a suite ofimática OpenOffice 2.0, navegador web e un entorno completo en galego ademais de un instalador que fai automática a detección de hardware.
Trisguel e a versión mais avanzada da que dispoñen, e a que eles aconsellan para o escritorio doméstico. Ven de serie con Gnome 2.14 coma xestor de ventanas e un entorno lixeiro coma é IceWM. Ademais podese lanzar como sistema “live” sen instalación e trae mais de mil paquetes
preinstalados. A versión KDE chamase TrisKel, e está en fase Beta sendo a mais actual Triskel 1.0rc5. A versión PEME, trae de serie un conxunto de programas ofimáticos e de contabilidade para as necesidades dunha oficina e tamén se topa en fase Beta. Para correr esta distribución só fai falla un ordenador cun mínimo de 200 Mhz, 64 Mb de Ram e 3 Gb de disco duro, uns requisitos minimos moi axustados.
Este proxecto foi iniciado pola Universidade de Vigo e desenvolvido na Facultade de Ciencias de Ourense e na Escola Superior de Informática de Ourense co apoio da Consellería de Innovación e Industria. Topase dispoñibel para descarga na súa paxina, e ademais veñen de repartir 1500 cedés en Xuventude Galiza Net´07 que de seguro axudará a súa difusión. Dende Trebellos queremos felicitar aos colaboradores no proxecto e animalos a seguir traballando pola difusión do software libre en galego.
Maás información e descargas | Páxina do proxecto Trisquel
Sabedes porque non podo conectar coa páxina de trisquel para descargalo, levo semanas intentándo?
Apa, pois non a verdade…é un proxecto completamente aparte de Trebellos. Podes probar a contactar coa Universidade de Vigo ou tentar atopar Trisquel vÃa P2P, sÃntoo.
Son un dos que ten un dos 1.500 CD’s que repartiron no Xuventude Galiza Net’07 pero querÃa facerme coa versión PEME para a xestión, por fin toda en galego, dunha entidade da que formo parte e levo varios dÃas tentando chegar á páxina de tisquel (por medio de enlaces de buscadores, directamente, dende a páxina da uvigo,…) pero non hai xeito. Alguén sabe cómo podo facer para conseguir a versión PEME.
http://trisquel.uvigo.es/
Por fin está accesible o servidor de trisquel, grazas Neeno
http://trisquel.uvigo.es/
E é tan sinxelo como o ubuntu?¿