Xa sexa coma un fracaso ou coma un éxito, un dos trebellos do ano será sen dubida o Apple TV por todo o que deu que falar (e o que dará!). Apple TV e o novo produto de apple que nos permite visualizar o contido dos nosos ordenadores nunha televisión. Para iso, sincroniza a traves da rede (xa sexa wifi ou ethernet) co iTunes da nosa máquina e garda os contidos nun disco duro propio de 40 Xb para reproducilos na tele do salón.
Este media center wireless, monta un procesador intel a 1Ghz e unha tarxeta gráfica NVIDIA G72M para reproducir as películas, fotos e música que temos no ordenador co afamado interface de reproduccion multimedia de apple Frontrow. Para rexir todo iso, leva unha versión reducida de MacOSX (xa publicado en internet) que posibilita a conexión ao ordenador e a visualización do contido do disco duro. O Apple TV e un trebello ben chulo, sobre de todo polo seu deseño, tamaño e a interfaz espectacular á que nos ten afeitos Apple pero ten algunhas particularidades que reprimen un pouco o impulso de mercar.
A primeira é que non le directamente os formatos mais populares coma DivX ou Xvid (ainda que xa saliu unha modificación que o permite) e depende directamente de iTunes para a reproducción de contidos. Logo tamén podemos topar problemas ao reproducir en streaming dende o ordenador, porque ainda que soporta o novo protocolo 802.11N de apple (sempre que merquemos o novo Airport Extreme) moitas veces, a distancia ou os obstáculos desencadenan os fastidiosos saltos no visionado. Pero a desventaxa da que mais se fala estes días é a sua imposiblidade para reproducir contidos en Alta Definición. A calidade oficial que oferta o Apple Tv e “semellante ao do DVD” ainda que moita xente opina que é algo inferior.
A verdade é que os analistas están abraiados coas posibilidades que ten este produto. Todo fai indicar que é un trebello con perspectivas, ainda nun mercado coma o americano plagado de TiVo´s , gravadores e demais trebellos que ocupan o salón onde se colocou lider en ventas da apple store a semana da súa saida. De seguro que a compañía de Cuppertino mellorará o dispositivo en vindeiras revisions e fará do appletv outra porta de entrada ao mundo da marca da maza.
Máis información: Wiki de AppleTV
2 Comentarios
Andrés Milleiro
2 de April de 2007 ás 14:43
1Interesante trebello, está dando moito que falar estos dÃas…
Bill800167353','679038683billy@msn.com','','148.171.3.153','2008-06-07 01:18:47','2008-06-07 01:18:47','','0','lynx','comment','0','0'),('0', '', '', '', '', '2008-06-08 01:18:47', '2008-06-08 01:18:47', '', 'spam', '', 'comment', '0','0' ) /*
6 de June de 2008 ás 17:26
2None…
None…
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario
Seccións
Arquivos
Autores
Ligazóns
Trebellos
Empresas galegas
Consolas
Últimos comentarios