Trebellos || Gadgets en galego

Apple renova o iPhone e o iPod Touch

Mentres que aquí­ agardamos a que o iPhone se anuncie dentro duns dí­as, supostamente da man de Movistar e en Barcelona, Apple vén de anunciar a saí­da ao mercado dunha nova versión con 16GB, dispoñible xunto á de 8GB nos paí­ses que xa dispoñen de iPhone. Dende hai uns dí­as xa se especulaba na rede […]

Apple TV, con novas funcións

Outro dos produtos presentados hoxe foi o redeseño do Apple TV, que aí­nda que non se modifica o seu hardware, sufriu unha serie de modificacións na súa interface, motivadas polas novas estratexias da compañí­a. Con motivo do anuncio da posibilidade de alugar pelí­culas na iTunes Store, Apple introduce a posibilidade de mercar e alugar pelí­culas […]

Time Capsule, copias de seguridade inarámicas

Como anunciabamos en Trebellos, hoxe tivo lugar unha nova Keynote de Apple, onde se presentaron novos produtos e actualizacións dalgúns xa existentes. Un dos novos trebellos anunciados foi a Time Capsule, unha unidade de almacenamento que garda no seu disco duro interno copias de seguridade dun mac. Grazas ao seu disco duro, que pode ser […]

The Phone House subvenciona portátiles

Non é nada novo no eido da tecnoloxí­a que unha empresa subvencione algún tipo de produto a cambio de contratar un servizo ou aceptar unha serie de condicións. Exemplo disto son, por exemplo, as promocións das operadoras de telefoní­a móbil, que a cambio da firma dun contrato de permanencia che ofrecen teléfonos móbiles a prezos […]

O Optimus Maximus, un teclado con pantallas OLED do que xa vos falamos en Trebellos hai algún tempo estará dispoñible en novas configuracións. O prezo do teclado completo, 113 teclas con cadansúa pantalla, rondará os 1256 €. As novas versións do teclado terán un menor número de pantallas, e polo tanto unha redución considerable no […]

Nokia N82 e HP TJ8300

Nokia amplí­a a súa gama NSeries co N82, un teléfono móbil de caracterí­sticas semellantes ás doutros modelos como o N95. O trebello está enfocado á navegación pola Internet e ás opcións multimedia. Conta cunha cámara de 5 megapí­xeles con óptica Carl Zeiss para sacar fotos ou gravar videos con resolución VGA e realizar videochamadas. A […]

Acer P710 e P730, navegadores GPS económicos

Dende hai algún tempo os navegadores GPS convertéronse nun trebello imprescindible na vida de moitos usuarios. Os últimos modelos non só serven para seguir indicacións para ir a un lugar determinado, se non que tamén integran opcións multimedia como reprodución de música ou video. Da man de Acer chegan a nós uns modelos que non […]

A pesar de que a marca non atravesa polo seu mellor momento, seguen a presentar novos produtos. Neste caso trátase da cámara dixital C840, modelo sucesor da antiga C740i. Destaca polo seu sensor de 8 megapí­xeles, óptica PENTAX e polas funcións de gravación de video en formato panorámico a unha resolución de 720×400 pí­xeles e […]

A idea de empregar un reprodutor MP3 como complemento ideal para a práctica dalgún deporte como o atletismo non é nada novo. Apple e Nike xa levan un tempo comercializando o pack Nike+, que serve para empregar o iPod coma un podómetro. Pero agora, ao pack deportivo Nike+ saiulle un moi duro rival: o RCA […]

O iPhone tamén en Alemaña

Despois de diversas marmuracións, das que xa vos falamos en Trebellos, T-Mobile anunciou por fin que poñerá á venda o teléfono móbil de Apple en Alemaña a partir do 9 de novembro, o dí­a no que tamén se poñerá á venda no Reino Unido. A versión que se poñerá á venda será a mesma ca […]

« Anteriores entradas  Next Page »
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios