Trebellos || Gadgets en galego

Este pode ser o novo teclado do iMac

En Engadget presentan unha galerí­a de fotos do que pode ser o teclado ultra-fino do novo iMac que, en teorí­a, aparecerá ó longo do mes que ven cun renovado deseño. O teclado ten claras semellanzas co que incorpora o MacBook, o cal fai pensar que Apple anda na procura dun deseño común para as súas […]

A compañí­a do rato Mickey parece disposta a resucitar a un formato moribundo, que non deixa de caer en picado fronte as descargas da rede (de balde ou de pago). E faino… ¿innovando? Pois non está claro. Acaban de presentar a través dunha das súas firmas discográficas, Hollywood Records, un novo formato de CD con […]

Os avogados da empresa da mazá ordenaron a retirada dun ví­deo aparecido na páxina MacRumors, no cal se presentaba a que supostamente será a nova interface do iPod. As dúbidas sobre o futuro do trebello máis exitoso da última década trala aparición do iPhone -ese parente incómodo ó que todos esperaban e que se leva […]

Trátase dunha edición especial da Xbox 360, limitada a 100 unidades e ofrecida en eventos especiais, moi probablemente en forma de sorteo, pero a verdade é que os Simpson-maní­acos estarí­amos ecantados de facernos cunha delas. O que está claro é que vai a ser unha das poxas estrela en eBay en canto se distribúan unhas […]

A FNAC vai abrir tenda na Coruña

Será a primeira tenda que esta cadea de distribución francesa de libros, discos, e produtos tecnolóxicos abra no noso paí­s. A inauguración será o 19 de Xuño, trátase dun local de 2500 metros na Praza de Lugo que terá un papel como centro cultural, xa que nel celebraránse exposicións e presentacións de libros, entre outras […]

Por fin os maqueiros dispoñemos dunha alternativa asequible para desfrutar da televisión dixital terrestre. Equinux acaba de anunciar a dispoñibilidade en España do TubeStick, que por 39,95 € permite ver e grabar este tipo de emisións. Ademáis, inclúe o software The Tube, bastante prometedor, e que se integra perfectamente con iMovie e o novo Apple […]

¿Alguén se lembra do Origami?

O Origami, o Ultra-Mobile PC, o dispositivo que cambiarí­a para sempre o mundo dos trebellos portátiles. O ultra-gadget. O… ¿que non sabedes do que falo? Pois hai pouco máis dun ano era un dos dispositivos “estrela”. Unha mistura entre PDA e portátil con pantalla táctil (Tablet PC), funcionando coa mesma versión de Windows que calquera […]

O ataque dos mini-clons…

Por moito que Apple estea farta, o certo é que os fabricantes chineses de clons dos reproductores iPod seguen amosando unha gran habilidade para esquivar ó departamento legal da compañí­a da mazá e colocando os seus reproductores en distribuí­dores de primeira liña. í“nte estaba botandolle unha ollada ó último folleto dunha coñecida cadea de hipermercados […]

Google poderí­a fabricar hardware nun futuro

O xigante do mundo virtual poderí­a tomar forma fí­sica nun futuro, ou cando menos iso é o que parece desprenderse dunha oferta de emprego que ven de facer publica no seu sitio web, e que comentan en Google Dirson. Un dos obxectivos principais que terá que afrontar o potencial candidato, será o de garantir que […]

  
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios