Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

O ataque dos mini-clons…

Por moito que Apple estea farta, o certo é que os fabricantes chineses de clons dos reproductores iPod seguen amosando unha gran habilidade para esquivar ó departamento legal da compañí­a da mazá e colocando os seus reproductores en distribuí­dores de primeira liña. í“nte estaba botandolle unha ollada ó último folleto dunha coñecida cadea de hipermercados cando vin, sorprendido, un iPod Shuffle por… 29,90 euros. 1 Gb de capacidade, reproduce MP3 e WMA… WMA? Evidentemente, tratábase dunha imitación, pero dunha das máis logradas que vira nunca. Tamaño e forma semellantes, incluí­do a pinza caracterí­stica deste modelo, gama de cores semellante, mesma capacidade… Procurade as sete diferenzas: shuffle


Publicidade

Comentarios