23 Jul
Escrito por Jose Lourido na categoría Periféricos, Son
Os avogados da empresa da mazá ordenaron a retirada dun vídeo aparecido na páxina MacRumors, no cal se presentaba a que supostamente será a nova interface do iPod. As dúbidas sobre o futuro do trebello máis exitoso da última década trala aparición do iPhone -ese parente incómodo ó que todos esperaban e que se leva todas a atencións- diminúen segundo se achega o lanzamento do novo iPod. Nin haberá fagocitación do iPod polo iPhone nin se converterá nun iPhone sen teléfono. O iPod manterá a súa esencia, aínda que a súa interface se iPhonizará un chisco, no tocante ó seu deseño e estilo dos menús. Segue a roda Non, non nos referimos a eles, aínda que son un clásico tamén. Referímonos a xa característica roda de control do iPod, que no iPhone deixou paso a un control mediante pantalla multitouch. E é que, fronte o que moitos desexaban/temían, a roda ten vida por diante, ou cando menos iso parece desprenderse do tipo de menús presentados no vídeo, e todo semella indicar que Apple vaina manter no iPod, de xeito que coexistiran dous trebellos con distintos tipos de control… ¿porá Steve Jobs en xogo a selección natural? ¿resistirán os “vellos” controis mediante botóns fronte os modernos controis táctiles? Todo isto o veremos moi pronto. ¿Cándo? Case imposible precisar, pero moitas quinielas falan do mes que ven como data probable. Agardemos acontecementos.
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario