Trebellos || Gadgets en galego

Apple TV, con novas funcións

Outro dos produtos presentados hoxe foi o redeseño do Apple TV, que aí­nda que non se modifica o seu hardware, sufriu unha serie de modificacións na súa interface, motivadas polas novas estratexias da compañí­a. Con motivo do anuncio da posibilidade de alugar pelí­culas na iTunes Store, Apple introduce a posibilidade de mercar e alugar pelí­culas […]

Novo Macbook Air, o ultraportábel de Apple

E ao fin chegou o tan rumoreado ultraportábel de Apple, o novo Macbook Air, que resulta ser o portátil máis fino do mundo. As caracterí­sticas: Pantalla panorámica de 13.3 pulgadas de LEDS. Tegrado retroiluminado e QWERTY completo. Webcam iSight integrada. Trackpad multitáctil co que facer xestos para controlar aplicacións, ao igual que no iPhone ou […]

Time Capsule, copias de seguridade inarámicas

Como anunciabamos en Trebellos, hoxe tivo lugar unha nova Keynote de Apple, onde se presentaron novos produtos e actualizacións dalgúns xa existentes. Un dos novos trebellos anunciados foi a Time Capsule, unha unidade de almacenamento que garda no seu disco duro interno copias de seguridade dun mac. Grazas ao seu disco duro, que pode ser […]

O Mac Pro máis caro

Agardando a que chegue a MacWorld 2008 onde Apple nos amosará un novo trebello ou ordenador revolucionario podemos xogar coa Apple Store, do mesmo xeito que fixeron os microsiervos. Imos calcular o ordenador máis caro que podemos mercar na Apple Store española: 2 Quad-Core (8 núcleos en total) Intel Xeon de 3,2 GHz cada un […]

Primeira foto do suposto novo Macbook

O vindeiro 15 de Xaneiro a xente de Apple farán unha nova Keynote onde presentarán novos productos, e un deles é un novo portátil ultraportable que poderí­a revolucionar o que hoxe coñecemos como ordenador portátil. E como é frecuente antes destas presentacións, surxen imaxes a miúdo falsas de cómo será o producto presentado, neste caso […]

  
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios