Despois dun longo tempo sen publicar, Trebellos quere voltar á carga, retomando a actividade de escribir novas sobre gadgets en galego. Porén, buscamos editores para Trebellos, xente xove disposta a meterse nun proxecto novidoso na rede en galego, para escribir novas pola semana sobre trebellos en galego. ¿Con ganas? Escríbenos a contacto@trebellos.org contándonos o teu… Continue reading Trebellos busca editores
Apple renova o iPhone e o iPod Touch
Mentres que aquí agardamos a que o iPhone se anuncie dentro duns días, supostamente da man de Movistar e en Barcelona, Apple vén de anunciar a saída ao mercado dunha nova versión con 16GB, dispoñible xunto á de 8GB nos países que xa dispoñen de iPhone. Dende hai uns días xa se especulaba na rede… Continue reading Apple renova o iPhone e o iPod Touch
Apple TV, con novas funcións
Outro dos produtos presentados hoxe foi o redeseño do Apple TV, que aínda que non se modifica o seu hardware, sufriu unha serie de modificacións na súa interface, motivadas polas novas estratexias da compañía. Con motivo do anuncio da posibilidade de alugar películas na iTunes Store, Apple introduce a posibilidade de mercar e alugar películas… Continue reading Apple TV, con novas funcións
Novo Macbook Air, o ultraportábel de Apple
E ao fin chegou o tan rumoreado ultraportábel de Apple, o novo Macbook Air, que resulta ser o portátil máis fino do mundo. As características: Pantalla panorámica de 13.3 pulgadas de LEDS. Tegrado retroiluminado e QWERTY completo. Webcam iSight integrada. Trackpad multitáctil co que facer xestos para controlar aplicacións, ao igual que no iPhone ou… Continue reading Novo Macbook Air, o ultraportábel de Apple
Time Capsule, copias de seguridade inarámicas
Como anunciabamos en Trebellos, hoxe tivo lugar unha nova Keynote de Apple, onde se presentaron novos produtos e actualizacións dalgúns xa existentes. Un dos novos trebellos anunciados foi a Time Capsule, unha unidade de almacenamento que garda no seu disco duro interno copias de seguridade dun mac. Grazas ao seu disco duro, que pode ser… Continue reading Time Capsule, copias de seguridade inarámicas
O Mac Pro máis caro
Agardando a que chegue a MacWorld 2008 onde Apple nos amosará un novo trebello ou ordenador revolucionario podemos xogar coa Apple Store, do mesmo xeito que fixeron os microsiervos. Imos calcular o ordenador máis caro que podemos mercar na Apple Store española: 2 Quad-Core (8 núcleos en total) Intel Xeon de 3,2 GHz cada un… Continue reading O Mac Pro máis caro
Primeira foto do suposto novo Macbook
O vindeiro 15 de Xaneiro a xente de Apple farán unha nova Keynote onde presentarán novos productos, e un deles é un novo portátil ultraportable que podería revolucionar o que hoxe coñecemos como ordenador portátil. E como é frecuente antes destas presentacións, surxen imaxes a miúdo falsas de cómo será o producto presentado, neste caso… Continue reading Primeira foto do suposto novo Macbook
Rumor: R co iPhone
A Trebellos chegáronnos informacións de que R andivo en conversas con Apple para tentar ter o iPhone entre os seus clientes. O día dos inocentes xa pasou e a fonte de onde obtivemos este rumor pode ser considerada como bastante fiábel. De feito Apple podería ter enviado algúns terminais de proba a técnicos de R… Continue reading Rumor: R co iPhone
Wi-Fi Detector Watch, o reloxo dos geeks
Se es dos que sempre vai co portátil (ou agora xa, teléfono móbil) buscando conexións wifis sen protección este é o teu trebello. O Wi-Fi Detector Watch ademáis de ser un reloxo que dá a hora, ten cronómetro, calendario e alarmas tamén é capaz de detectar as redes wifi. Ademáis amosa o nivel de intensidade… Continue reading Wi-Fi Detector Watch, o reloxo dos geeks
Haberá nova versión dos SO Symbian
Seica pronto teremos unha nova versión do sistema operativo máis famoso para os móbiles, o Symbian. Será a Symbian S60 3rd Edition Feature Pack 2 para os móbiles Nokia, e segundo os rumores sairá en xuño do 2008. Entre as novidades podemos atopar novos efectos (visuais) e transicións ao abrir, pechar e cambiar de aplicacións,… Continue reading Haberá nova versión dos SO Symbian