A Trebellos chegáronnos informacións de que R andivo en conversas con Apple para tentar ter o iPhone entre os seus clientes.
O día dos inocentes xa pasou e a fonte de onde obtivemos este rumor pode ser considerada como bastante fiábel. De feito Apple podería ter enviado algúns terminais de proba a técnicos de R para que probasen as súas capacidades dentro da rede da operadora galega.
Por razóns obvias non temos fotos que testifiquen o evento, mais que unha operadora como R consiga entablar conversas con Apple, ao menos para min é un orgullo e unha demostración do ben que están a facer as cousas dende a dirección da cableira galega.
¿Haberá iPhone con R? Como é de agardar, hai moitas operadoras interesadas, mais o feito de que o iPhone se distribúa cun operador en exclusividade e ao non ter R cobertura propia no territorio español maxino que bota para atrás esta posibilidade… mais quen sabe.
Ata onde eu sei, R si ten (máis ben está niso) rede propia, non por suposto en todo o estado, pero si no paÃs.
Eu estou agardando a face-los 18 meses con Orange para cambiar os meus dous móbiles para a operadora galega….
Ridiculo me parece el rumor.
Parece estar bastante claro que la exclusividad del iphone se la llevara movistar
non hai moita información sobre a rede de r en telefonÃa móbil
Home, penso que será antes poñer os bois e despois o carro. Q R estea a tantear os cartos que custa o iphone pode dar unha idea do que sempre foi R (unha empresa pija)
Non sei se o iphone, pero o que si vai a ter R nos próximos dÃas son terminais con posibilidade do seu menú en galego, como é o caso do novo Sony Ericsson w380i
No tocante á rede a conmutación, os servizos, etc son de R, mentras que as antenas son as de Vodafone, con cobertura en Galicia e o resto dos territorios de España e outros 168 paÃses a través de máis de 400 operadores…