Se es dos que sempre vai co portátil (ou agora xa, teléfono móbil) buscando conexións wifis sen protección este é o teu trebello. O Wi-Fi Detector Watch ademáis de ser un reloxo que dá a hora, ten cronómetro, calendario e alarmas tamén é capaz de detectar as redes wifi. Ademáis amosa o nivel de intensidade do sinal.
Xa non haberá que acender o portátil para buscar redes wifis, con pulsar un botón no noso reloxo xa basta. Se precisas con urxencia dun ponto de acceso wifi sen contrasinal e sen ningunha medida de seguridade para poder ler o correo electrónico que agardabas ou enviar un
importante e-mail, con este reloxo non terás que gastar batería acendendoo e buscando redes por aqui e por acolá. Pulsas un botón e ves todas as redes wifi… moveste un pouco e volves a pulsar. Así ata que atopas unha rede wifi libre e acendes o portátil.
Este pode ser o teu agasallo de nadal por algo máis de 20 euros.
Visto en Gadgetizer.
Máis información: ThinkGeek.
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario