Trebellos || Gadgets en galego

Rumor: R co iPhone

A Trebellos chegáronnos informacións de que R andivo en conversas con Apple para tentar ter o iPhone entre os seus clientes. O dí­a dos inocentes xa pasou e a fonte de onde obtivemos este rumor pode ser considerada como bastante fiábel. De feito Apple poderí­a ter enviado algúns terminais de proba a técnicos de R […]

GPS con imaxes reais de blusens

Como xa se falou en trebellos polo mes de abril, Blusens estaba a traballar nun gps revolucionario no que as imaxes en 3d son reais, sacadas dende un avión por toda europa. As novidades son a saí­da do video que comentabamos xa neste post e a información de que ven cun disco de 40gbs d2ca.com […]

Hipoqih, xeolocalización dende A Coruña

Ví­a Código Cero coñecemos a Hipoqih, un servizo web que está dando bastante que falar, pois foi nomeado en varios certames da Web 2.0, e mesmo foi obxeto de conferencias en Silicon Valley. Todo feito dende A Coruña, imos explicar de que vai a cousa. Maxina que es posuidor dun trebello portátil con acceso á […]

Internet sen fí­os, agora en Aguete

Hoxe imos cunha desas novas que, ao menos a min sácanme un sorriso, que é difí­cil nun Luns. Ben, a Xunta de Galicia, Retegal e a Alcaldí­a de Vigo veñen de presentar un proxecto polo cal se vai abastecer de balde ás praias de Samil e O Vao en Vigo de Internet sen fí­os de […]

Mancomun.org e a Consellerí­a de Innovación e Industria ven de publicar o primeiro corrector gramátical de galego para OpenOffice, chamado golfiño. O corrector foi desenvolvido pola empresa galega imaxin, e permitelle ó procesador de textos desta suite ofimática detectar erros de sintaxe, estilo e concordancia, entre outras funcionalidades. O corrector está en fase Beta pública […]

Glosario informático inglés-galego

Mancomun.org, a iniciativa galega polo software libre ven de publicar un glosario de termos informáticos inglés – galego. Ata onde sabemos, é o primeiro creado no mundo da informática e axudaranos a usar menos neoloxismos e homoxeneizalo uso da nosa lingua. O glosario é bastante completo, ainda que lle falta o termo “gadget” en galego, […]

Proxecto Trisquel: Linux en Galego

Vense de presentar neste mes de Xaneiro a version 1.0 do sistema operativo en galego Trisquel logo de dous anos e medio de desenvolvemento. Trisquel é unha distribución linux, baseada no proxecto Debian que conta con distintas versions, Trisguel (baseado en GNOME), Triskel (baseado en KDE) e Trisquel Peme (pensado para o seu uso nas […]

Gmail en galego

Contan en Arroutadanoticias.com que por fin xa está rematada a tradución de Gmail ao galego. Grazas ao esforzo dos internautas que respaldaron a última convocatoria para a súa traducción, o servizo de correio de google xa se topa totalmente traducido. Pero para podelo usar gmail na nosa lingua, teremos que agardar a que os rapaces […]

Galego no mac: Chintófano

Para todolos usuarios de MacOSX que queiran dispoñer dun acceso directo a diccionario da Real Academia da Lingua Galega no seu dashboard, existe dende fai un tempo o widget Chintófano, creado pola empresa coruñesa da Costa da MorteGalinus. Coa instalación deste widget teremos o diccionario de galego no dashboard, a un click de rato. A […]

  
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios