Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Internet sen fí­os, agora en Aguete

praia"Fai un tempo falabamos de que a Xunta probaba Internet sen fí­os na praia de Samil, se ben agora tamén están a probar en Aguete namentras dure o periodo estival.

Ao intentar a conexión dende calquera dispositivo con conectividade WiFi, aparecerá unha pantalla de presentación na que haberá que introducir o nome de usuario retegal, e a contrasinal marin39.

Independentemente da xenial noticia que ao menos a min me parece, destacarí­a o xeito algo complicado pra conectarse (¿quen vai saber o usuario e o contrasinal?) e que cicais xa sexa algo tarde, pois xa non queda moito de verán, mais agardemos que continúen o vindeiro ano.

Máis información: Web da Xunta
En Trebellos: A Xunta proba Internet sen fí­os en dúas praias de Vigo


  1. aLBa o 15 de August de 2007

    o contrasinal non se publicou na prensa? ¿e non vai estar todo o ano o wifi na praia? vaia… esperaba outra cousa

  2. Andrés Milleiro o 15 de August de 2007

    Hola Alba,
    Nun xornal vin hoxe o usuario e o contrasinal, pero non me refería a iso, senón por exemplo a un turista que chega e non sabe cómo facer.

    O do wifi eu diría que non, mais non se liu nada ao respecto, agardemos que esté todo o ano.

  3. emilio o 17 de August de 2007

    eu estou agora conectado aqui en aguete e queria dicir que e moi doado xa que cando te conectas na rede inalambrica (RETEGAL MARIN) non ten contrasinal e e moi doado, so que cando queres navegar antes apareceche unha paxina de benvida no que hai que insertar o usuario “retegal” e a contrasinal “marin39” e aparece claramente na paxina de benvida e é moi doado, o unico no que a xente se pode complicar e se ten o internet explorer 7 xa que mostrara que existe un problema co certificado de seguridade e con darlle a “ir a este sitio web” que ainda que pon non recomendado non hai problema algun, saudos e parabens por esta iniciativa

  4. Andrés Milleiro o 17 de August de 2007

    Graciñas Emilio por comentar a túa experiencia dende Aguete que de seguro servirá pra os que queiran conectarse.

Publicidade

Comentarios