Hoxe imos cunha desas novas que, ao menos a min sácanme un sorriso, que é difícil nun Luns. Ben, a Xunta de Galicia, Retegal e a Alcaldía de Vigo veñen de presentar un proxecto polo cal se vai abastecer de balde ás praias de Samil e O Vao en Vigo de Internet sen fíos de balde. Soa ben, ¿verdade?
Según comentan, é unha experiencia piloto con vistas a tentar sacar unha rede de praias con cobertura de Internet sen fíos de balde, algo que penso que podería ser xenial nun futuro, pois todos temos algún tipo de trebello (ben algún móbil, a PDA e algún ata o portátil na praia) que por exemplo nos permitiría ler o correo electrónico entre cada baño.
Ao tentar acceder a algunha web dende o navegador de internet, se preguntará polo usuario e contrasinal, que serán respectivamente retegal e samil27, e a partir de aí xa quedaremos autorizados pra a web, algo que semella un tanto complicado, mais maxino que se informará dalgún xeito na praia.
Realmente, unha boa nova pra o avance das novas tecnoloxías e da Sociedade da Información en Galicia.
Vía: CódigoCero
pois non estarÃa mal que fisexen algo asi en todalas praias de Galiza, inda que eu non teño ningun pda nen outro trabello que teña wifi…pobre que son 🙂 Saudos