Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Galego no mac: Chintófano

chintofanoPara todolos usuarios de MacOSX que queiran dispoñer dun acceso directo a diccionario da Real Academia da Lingua Galega no seu dashboard, existe dende fai un tempo o widget Chintófano, creado pola empresa coruñesa da Costa da MorteGalinus. Coa instalación deste widget teremos o diccionario de galego no dashboard, a un click de rato.

A instalación deste widget é a habitual. Logo de descomprimir o arquivo, facemos click e preguntaranos si queremos instalar o widget. Si lle decimos que si, colocará chintófano no noso dashboard e xa poderemos usar o diccionario de galego.

Actualización: parece que o diccionario contra o que fai as procuras este widget está pouco actualizado. Agardamos a posta en liña do novo diccionario da Real Academia da Lingua Galega.

Mais información: Chintófano


  1. makeijan o 3 de April de 2007

    Alguén o probou? Querería saber contra que diccionario fai as procuras o Chintófano. Onde está ese diccionario online de RAG?

  2. Seve o 3 de April de 2007

    Eu teñoo instalado, mais non puiden averiguar onde fai as procuras. O diccionario da RAG está dispoñible online en http://www.edu.xunta.es/diccionarios/index.html

  3. Calidonia o 3 de April de 2007

    Ese dicionario está anticuado, non corresponde coa última reforma normativa do ano 2003, é máis antigo.

    Actualmente non hai un dicionario en liña para a nova normativa. Pódese atopar o vocabulario (sen definicións) en:

    http://www.realacademiagalega.org/galicianvocabulary/FindByWord.do

    ou con outra interface e a mesma BB.DD.:

    http://www.realacademiagalega.org/volga/

    Sei que hai un convenio millonario asinado entre Política Lingüística e a RAG para poñelo en liña, supoño que ao longo deste ano.

  4. post scriptum o 3 de April de 2007

    Seve, esse é o dicionário onde o chintófano fai as pesquisas. Ao menos as definiçons coincidem 😀

  5. Rodrigo o 4 de April de 2007

    O chintofano faz as procuras em o pésimo dicionario http://www.edu.xunta.es/diccionarios.

    Muita sorte com este blogue.

    Saudos desde A Costa da Morte (sim, técnicamente somos corunheses, mas semelha com a vossa aprensentação que somos da cidade 😉 ).

Publicidade

Comentarios