Como anunciabamos en Trebellos, hoxe tivo lugar unha nova Keynote de Apple, onde se presentaron novos produtos e actualizacións dalgúns xa existentes. Un dos novos trebellos anunciados foi a Time Capsule, unha unidade de almacenamento que garda no seu disco duro interno copias de seguridade dun mac. Grazas ao seu disco duro, que pode ser de 500GB ou 1TB e a compatibilidade co servizo de copias de seguridade Time Machine, integrado na última versión do sistema operativo da comapañía, asegúrase ter sempre unha copia de tódolos arquivos gardados no disco duro do ordenador con tan só un clic. A Time Capsule tamén pode funcionar como estación inarámica, dando servizo a tódolos trebellos inarámicos e mesmo aos ordenadores con Windows, grazas á
tecnoloxía 802.11n. A incorporación dun porto USB tamén lle permite funcionar como central para unha impresora en rede. Estará dispoñible en febreiro a 289€ a versión de 500GB e a 489€ a versión de 1TB. Máis información: Time Capsule
Un Comentario
davide
3 de December de 2008 ás 16:19
1Mellor que inarámico (palabra posÃbel mais pouco atinada, para alén de copia directa do castelán) non se poderÃa empregar a frase “sen cables”…
Descúlpeseme a intrusión estilÃstica.
Saudos
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario