Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

¿Alguén se lembra do Origami?

origamiO Origami, o Ultra-Mobile PC, o dispositivo que cambiarí­a para sempre o mundo dos trebellos portátiles. O ultra-gadget. O… ¿que non sabedes do que falo? Pois hai pouco máis dun ano era un dos dispositivos “estrela”. Unha mistura entre PDA e portátil con pantalla táctil (Tablet PC), funcionando coa mesma versión de Windows que calquera PC (aí­nda que tamén houbo versións linuxeiras) , e cunhas especificacións propias dun equipo de escritorio de gama baixa. Pretendí­a converterse na navalla suiza dos gadgets, e Microsoft, Samsung e Intel (entre outras compañí­as), lanzáronse de cabeza na súa promoción e desenvolvemento. Pouco máis dun ano despois, o número de equipos finais que saí­ron ó mercado é realmente escaso e a súa incidencia no mesmo é inapreciable. Tanto é así­, que xa se comeza a especular con que este proxecto vai camiño do abandono definitivo. Intel ten en mira un novo concepto, o MID (Mobile Internet Device), cunha maior conectividade á rede como eixo central; e pola súa banda Microsoft vive máis centrada en facer despegar Windows Vista e o Zune (que tampouco goza de boa saúde precisamente), e competir no mundo das consolas con Sony e unha renacida Nintendo. Só Samsung mantén dun xeito claro a súa aposta polo Origami, pero parece que a cada dí­a maior indiferencia de actores clave da industria rematará facendo inviable o proxecto a medio prazo. E é que para origamis eu, persoalmente, quédome cós clásicos: origamis


  1. Manuls o 11 de May de 2007

    A verdade é que xa non me lembraba del… ¿saiu algunha vez en España?

Publicidade

Comentarios