O xigante do mundo virtual podería tomar forma física nun futuro, ou cando menos iso é o que parece desprenderse dunha oferta de emprego que ven de facer publica no seu sitio web, e que comentan en Google Dirson. Un dos obxectivos principais que terá que afrontar o potencial candidato, será o de garantir que “Google poda producir novos productos de hardware en masa sen problemas“. Os servizos web de Google xa están dispoñibles dende moitos dispositivos móbiles a día de hoxe, e esa presenza será moi significativa no futuro iPhone (ó que aportarán una versión de Google Maps, entre outras características). Sen embargo, os rumores xa apuntaban a que esta colaboración non ía impedir que Google apostase por unha plataforma propia, e todo parecía indicar que non tardariamos moito en ver aparecer no mercado un Google Phone, aínda que probablemente chegaría froito da colaboración entre o xigante da internet e un fabricante de hardware, como podería ser HTC. Esta oferta de emprego supón un novo capítulo nesta historia, aínda que só co tempo se despexaran as dúbidas sobre as verdadeiras intencións de Google (teléfono, terminal de conexión á rede para acceder os servizos de Google… ou nada?), non esquenzamos que estamos a falar dunha empresa que recoñece dispor de ” 11.000 millóns de dólares para mercar ideas tolas“, o cal os convirte nunha das compañías máis imprevisibles do sector. Agardemos pois.
Un Comentario
Google Phone Blog » Google poderÃa fabricar hardware nun futuro
5 de May de 2007 ás 15:38
1[…] Original post by Trebellos […]
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario