The Phone House

Non é nada novo no eido da tecnoloxí­a que unha empresa subvencione algún tipo de produto a cambio de contratar un servizo ou aceptar unha serie de condicións. Exemplo disto son, por exemplo, as promocións das operadoras de telefoní­a móbil, que a cambio da firma dun contrato de permanencia che ofrecen teléfonos móbiles a prezos máis baixos. Ata o de agora, non era frecuente facer este tipo de ofertas noutros produtos, pero dende finais do mes de novembro é posible mercar un portátil da marca Acer nas tendas de The Phone House a un prezo máis baixo do habitual se contratas unha tarifa PC Orange. Os dous modelos que se ofrecen polo momento son o Acer 4220 e o 5520, equipados con WiFi e Windows Vista. O prezo do primeiro varí­a entre os 199 e os 469€, dependendo da tarifa contratada, e o modelo 5520 vai dende os 399 coa tarifa máis completa ata os 699€ sen ningunha tarifa. Máis información e condicións da oferta: Promocións ADSL Orange