
O principal problema dos usuarios de Windows son os virus e máis os spywares, hai que ter o sistema operativo ben actualizado para estar un pouco máis seguros. Pero os que teñen que tarballar en ordenadores que non son os seus teñen un problema xa que na maioria dos casos non poden actualizar os equipos e moito menos instalar un antivirus.
DigiWorks, unha empresa coreana, lanzará este mes un antivirus por USB. Este dispositivo permitirá escanear o PC en procura de virus, adwares e spywares sen necesidade de instalar ningún tipo de programa. Hai dúas versións do USB Virus Chaser, que así se chama este trebello, unha de 2 Xb e outra de 4 Xb e o prezo aínda non se sabe.
Un dispositivo que pode salvar a vida a máis de un.
Vía: íœbergizmo.
Máis Información: DigiWorksCorea.
E digo eu… supoño que se poderá actualizar, non?
porque as deficións dos virus nos antivirus desfásanse moi rápido
Xabi, maxino que si, se poderán descargar da web 🙂
Seguro que está ben, pero innovador innovador tampouco che é 😛
Antivirus en versión “portable” que se executan e actualizan directamente desde unha memoria usb xa hai dabondo. Moi útiles, ainda que non se salvan de que sexa infectada a propia memoria usb ¬¬
debido a mis constantes
trabajos a compuntadora
tengo que estar de un
ciber a otro pero siempre
se llena de virus mi memoria