Trebellos || Gadgets en galego

iPaq 614c e 914c, novas PDA de HP?

HP iPaq 614c e 914c

Segundo algunhas webs, HP xa ten preparados dous novos modelos de iPaq, o seu modelo de PDA-teléfono máis exitoso. Trátase das HP iPaq 914c e HP iPaq 614c, das que só se saben algunhas das súas supostas caracterí­sticas. Os dous modelos comparten a maiorí­a de caracterí­sticas: pantallas táctiles de 2,46 e 2,8 polgadas respectivamente, conectividade WiFi e HSDPA, GPS integrado, cámara de 3 megapí­xeles e o sistema operativo Windows Mobile 6 Professional. A única diferenza é o teclado, a 914c ten teclado QWERTY de 12 teclas máis unha roda de control similar á do iPod. Non están aí­nda dispoñibles nin os prezos nin as datas de saí­da ó mercado. Ví­a: MSmobiles.com

decTOP

Xa falamos en trebellos do Asus eee e mais do OLPC como alternativas para usuarios con poucos recursos, e hoxe traemos unha nova opción. O decTOP foi desenrolado por AMD fai uns anosdentro do programa 50×15 pra levar a tecnoloxí­a ós que mais o necesitan, e agora é comercializado pola empresa de New Orleans Data Evolution ó increible prezo de 99$ con rato e teclado incluidos.

Non é un superordenador (a súa tecnoloxí­a e do 2004) pero pode cumplir ben con moitas funcions co seu procesador de 366 Mhz, 10 Gb de disco duro e 128 Mb de RAM. Podese usar para navegar por internet, como un servidor nunha pequena rede, ou mesmo como centro de ocio multimedia. O decTop ven sen sistema operativo, ainda que se lle pode instalar linux ou mesmo Windows CE para o seu uso. O decTOP tamén é unha alternativa para aqueles que buscades un ordenador sen monitor, controlable remotamente e que poida estar aceso as 24 h do dí­a sen consumir moita enerxí­a. As súas caracterí­sticas son ampliables para quen o necesite.

De seguro unha boa compra, dispoñible na web de Data Evolution.

Mais información : Páxina do produto : Tenda de Data Evolution: Galerí­a de fotos

Razóns polas que non mercar un iPod agora mesmo

iPodEn Engadget fan unha entrada cunha serie de razóns bastante certas polas cales non serí­a bo mercar un iPod neste intre, se é o que estamos a pensar.

Principalmente, e diso falamos nos rumores de Trebellos, cada vez hai máis rumores de novos iPod, e ademais:

  • O iPhone saiu fai uns meses.
  • Os novos iMac xa saí­ron fai pouco tempo.
  • Os actuais iPod 5G sufriron unha pequena baixada de prezos.

Baseándonos sobre todo no último apartado, e sobre todo en que os distribuidores comentan que Apple cada vez manda menos iPods da 5G, todo apunta a que teremos un Outono con novos iPod.

Sobre cómo van ser non se sabe nada a ciencia certa, mais se supón que usará gran parte da tecnoloxí­a do iPhone, polo que pode estar baseado no Sistema Operativo Mac OS

X e ter pantalla táctil, mais o seguro é que pode sair entre Setembro e Novembro, o momento ideal pra ser o producto estrela este Nadal.

Ví­a: Engadget
En Trebellos: Rumores de novos iPod
En Trebellos: O iPod 6G cada dí­a máis preto… ¿teremos nova interface? Semella que si.

Nokia PrismEsto que vedes non é un rumor, é o novo Nokia 7500.

Ten o nome Prism polo caracterí­stico do seu deseño, formado a través de pequenos prismas que lle dan forma, mais agora veremos que tampouco ten malas prestacións, algo que soí­a ser frecuente entre os teléfonos fashion da marca finesa.

Ademais do seu toque de deseño e demais é un teléfono moi ben equipado, pois ten 3G, sistema operativo Symbian S40, pantalla de 2 pulgadas, cámara de 2 megapí­xeles, bluetooth 2.0 e ranura pra tarxetas MicroSD.

Está a venda xa nalgunhas tendas de Importación por 299 dólares, mais sairá en Europa en Outono.

Rumores de novos ipod

novo ipod

Tranquilos, que o de arriba non é unha imaxe oficial. Sobre todo dende a aparición do iPhone, os rumores de novos ipod con pantalla táctil sempre estiveron presentes. Mais o que agora cobra forza é a posibilidade de que en Agosto saian novos iPod, e con bastante forza.

Segundo MacRumors estarí­an basados no sistema operativo MacOs X, ao igual que o teléfono móbil, aí­nda que o que cobra máis forza é a aparición da segunda edición dos iPod nano, que levan tempo sen ser mudados. Veremos pois que sucede.

Máis información: Novos iPod nano antes de finais de ano (Código Cero)

Neo 1973, teléfono móbil de código aberto

Neo 1973Se es un apaixoado de Linux, do código aberto e demais, seguro que esta nova vaite encantar. Dun tempo a esta parte se ven desenrolando o proxecto OpenMoko que, bromas aparte co nome, tenta desenrolar un sistema operativo de código aberto pra teléfonos móbiles.

O primeiro teléfono que disfrutará deste SO será o Neo 1973 que, polo que podemos apreciar, será de pantalla táctil como ven sendo moda últimamente, e será sacado á venda en varias configuracións, que van dende o máis básico ata o modelo máis complexo, que trae:

  • 802.11 b/g WiFi
  • Samsung 2442 SoC
  • SMedia 3362 Graphics Accelerator
  • 2 3D Accelerometers
  • 256MB Flash
  • 1700mAh Battery
  • Faster CPU – S3C2442/400

Según din na páxina o teléfono será sacado á venda dende OpenMoko con prezos que irán dende os 450 dólares ata os 600 pra o modelo máis avanzado.

Máis información: Neo 1973

Zonbu, outro ordenador verde

zonbuDespois do HP RP5700, o proximo setembro sairá ó mercado o primeiro “ordenador ecolóxico ” da marca Zombu. O trebello ven listo pra usar co sistema operativo Gentoo Linux preinstalado e unhas caracterí­sticas modestas pero suficientes: procesador intel compatible de 1,2 GHz (un VIA??) 512 MB de RAM e disco duro de 4 GB baseado en flash con ethernet incorporada e 6 portos USB para conectarlle os teus periféricos e todo nun tamaño moi reducido.

O sistema operativo está baseado en Gentoo e trae de serie aplicacions ofimáticas, xogos e utilidades para internet e redes de tal forma que ven preparado para enchufar e listo (ó mais puro estilo mac).

Os seus creadores afirman que Zonbu consume unha decima parte do que consumen outros ordenadores de sobremesa. Unha boa alternativa para quen non necesite mais potencia, a un custo realmente tentador : 249$.

Visto en
Greengadgets
Mais información : Páxina do produto

golfinhoMancomun.org e a Consellerí­a de Innovación e Industria ven de publicar o primeiro corrector gramátical de galego para OpenOffice, chamado golfiño. O corrector foi desenvolvido pola empresa galega imaxin, e permitelle ó procesador de textos desta suite ofimática detectar erros de sintaxe, estilo e concordancia, entre outras funcionalidades.

O corrector está en fase Beta pública e dispoñible para a suite ofimática OpenOffice de todolos sistema operativos.

Visto en Barrapunto
Mais Información : Golfiño

Hoxe hai keynote de Steve Jobs

Steve JobsHoxe, ás 19 horas vai falar Steve Jobs vai ter unha keynote, que non é outra cousa que unha posí­bel presentazón dos seus novos produtos, como fai Apple dende fai xa un tempo.

Non se sabe apenas nada do que se pode presentar, mais se comentan cousas relacionadas co novo Sistema Operativo Mac OS X “Leopard” que sairá en Outono e pretende facer competencia a Windows Vista, cicais algo relacionado co iPhone e a súa inminente saí­da nos EEUU…

Case sempre hacia o final destas keynote, Steve Jobs pronuncia un one more thing… que serve para presentar algún novo producto. Como é lóxico, as apostas sobre que se pode presentar son variadas, destacando sobre elas unha especie de Tablet PC pra o fogar. Sexa o que sexa, non dubides que en Trebellos estarás informado do que sexa.

O TurboLinux Wizpy é unha moi boa opción á hora de mercar un reprodutor multimedia, vamos, o que se coñece como mp4. Este trebello é un mp4 normal salvo que leva no seu interior unha distribución GNU/Linux, que o fai especial.

Como mp4 reproduce case todo: MP3, OGG (cousa boa xa que moitos reprodutores non o fan), WMA, AAC, XviD, MPEG4 e JPG. Amosa texto, é dicir, podes levar e-books e tamén reproduce radio FM. Co seu micrófono grava a voz en formato MP3. Ten unha pantalla LCD de 1’7 pulgadas e unha memoria interna de 4GB ou 2GB dependendo do modelo, pero estase a traballar nun modelo con ranura para tarxetas SD. A pega é que 1’5GB están destinadas para a distribución GNU/Linux.

O que fai especial a este mp4 é que podes crear programas para él. A empresa que o fabrica lanzou un kit de desarrollo (SDK), é dicir, programa para facer programas de xeito sinxelo para o trebello. Así­ calquera que se descargue o SDK poderá crear programas que funcionen no seu mp4, podendo ter o teu programa á medida.

Outro tema interesante deste reprodutor multimedia é que, como xa dixen, ten unha distribución GNU/Linux no seu interior. Isto que quere dicir?

Pois que se enchufas o mp4 a un ordenador (con arranque USB) poderás ter o teu propio sistema operativo, cos teus ficheiros, os teus programas favoritos e coa configuración do teu escritorio xa que estarás traballar dende a distribución GNU/Linux do mp4.

Un mp4 con moitas posibilidades para fedellar nel. Xa está a venda en xapón e sairá este mes nos paises anglófonos por 280 dólares aproximadamente. Para que saia por estes lares teremos que esperar a finais deste ano ou principios do que ven.

Visto en Xataka.
Máis información: Páxina do produto.

« Previous Page« Anteriores entradas  Vindeiras entradas »Next Page »
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios