Isto que vedes ao meu carón é o Meizu M8, o novo Meizu M8, rediseñado para tentar evitar unha posíbel demanda de Apple pola gran similitude que este tareco ten co Iphone. Meizu é unha empresa de trebellos chineses especialista en “copiar” deseños de productos, mais neste caso tódolos rumores apuntan a un pequeno aviso de parte da empresa de Steve Jobs, polo que eiquí tedes o deseño actual. Pra quen non o coñeza, este trebello é un PMP/teléfono con pantalla de 3,3 pulgadas e resolución de 720×480 píxeles, compatíbel con redes GSM, cámara de 3 megapíxeles e outra pequena VGA pra videochamadas e saída TV. A nivel interno ten un procesador ARM11 e un Sistema Operativo Windows CE 6, tendo todo o anteriormente dito en 105 x 57 x 11,5 milímetros, unha opción moi a ter en conta. Máis información: Redeseño
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario