RebitNo mundo dos ordenadores é importantí­simo ter copias de seguridade dos teus datos, sobre todo se traballas con ordenadores xa sexa programando ou escribindo cun editor de texto. Non é raro que por unha causa ou outra teñas que formatear o sistema operativo e con el tes que borrar todos os teus datos importantes. Hai unha solución para isto: Facer copias de seguridade (back-ups) noutro entorno que non sexa o teu ordenador. Pero para iso hai que mercar moitos CDs (ou DVDs) para gravar os datos, ou hai que adicarlle un certo tempo cada X tempo para gravar. Polo que pode que haxa veces que te olvides de facer a copia de seguridade ou mesmo que non teñas tempo de facela. Agora grazas a Rebit, facer copias de seguridade é moi doado. Simplemente tes que enchufar o trebello ao ordenador por USB e xa está. Incluso podes programar para que o back-up se faga cada X tempo sen que ti teñas que intervir para nada. Podes copiar todo o sistema operativo ou só os ficheiros e cartafoles que lle indiques. O malo é que só funciona en Windows e só podes facer copia de seguridade dos ficheiros que teñas en C:. O de 60 Xb custa 169 €, o de 80 Xb custa 189 € e o de 120 Xb custa 219 €. Ví­a: Gizmodo ES. Máis información: Rebit.