Trebellos || Gadgets en galego

iriver w10

O novo reproductor de iriver conta cunha pantalla de 3 polgadas táctil e resolución de 480 x 272 pixeles.

Como bó reproductor multimedia reproduce os formatos MP3, WMA, OGG de audio e en video MPEG-4, WMV9.

Pero isto non é só o comezo, o reproductor conta con wifi, VoIP (permite facer chamadas a través de internet), radio FM (que se bota en falla a integración nos ipod), lector de tarxetas miniSD para aumentar a súa capacidade inicial de 4 e 8gbs, reproduce radio en streaming, e ademáis inclúe GPS con mapas de Navteq.

A data de saí­da é novembro, pero non se di nada do precio. Estaremos atentos a inminente saí­da.

Visto en: Gadgetometro

CMPXa empeza a ser coñecida a miña predilección polas cintas de cassete. Se fai uns dí­as falabamos dunha memoria con este aspecto, hoxe tocalle o turno a un reproductor mp3 que semella unha antiga cinta de cassete. O trebello ten dúas funcións, por un lado serve coma un reproductor de mp3 convencional grazas ó uso de tarxetas Secure Dixital, e por outra banda serve para escoitar dende calquer reproductor de cassete como a o do coche ou unha vella cadea musical.

Como reproductor, ten unha interfaz de 7 botons e pode ser recargado con transformador ou ví­a USB. Como adaptador pra cassete, chega con introducilo e dalle ó play, claro que non poderas avanzar rapidamente polas cancións. O Cassete MP3 player estará dispoñible pronto.

Visto en Digital Drops

Mais información : Páxina do produto

Blusens P-24Blusens ven de presentar o seu novo trebello, un reproductor de video con pantalla panorámica. O Blusens P27 e un mp4 ultracompacto de tan só 51 gramos de peso e capaz de reproducir .avi e MPEG na súa pantalla de 2,4″ e ten microfono e altofalante ademais de sintonizador FM como extras. Traerá 1 Gb de memoria interna e poderase ampliar con tarxetas miniSD.

O reproductor porase á venda a un prezo de 89€.

Visto en Codigo Cero

Pasen Shakeit, axí­tao

shakeit

Este reproductor conta con uns acelerómetros que permiten movernos polos menús, seleccionar cancións, videos… simplemente axitándoo cara un lado ou cara o outro. Dende o meu punto de vista un sistema de navegación un tanto incómodo e máis complicado co sistema tí­pico de botóns. Esperemos que teña un sistema de bloqueo de este sistema, senón resultará imposible levalo nun bolsillo ó sair a rúa. Ten unha pantalla QVGA de 2.8 pulgadas de 320í—240, 2gbs de memoria, reproducción dos archivos AVI, FLV, MP3, WMA, APE, FLAC, JPEG, GIF y BMP, radio fm, lector de e-books, función karaoke e tecnoloxí­a de son Microsoft PlayFX que consigue un son 3D a través dos auriculares. Ademáis de todo isto, gracias os seus acelerómetros conta coa función de podómetro. Ten unha autonomí­a de 10 horas de audio e 3 de video. Prevese a saí­da á venda en outubro. Visto en: Tecnoadeptos.

Ví­deo promocional do Nokia N81

Xa falamos fai tempo do Nokia N81, mais agora saiu o ví­deo promocional, comentando tódalas novidades que introduce este terminal, claramente orientado á xente máis moza e que usa intensivamente o seu reproductor de MP3, a internet móbil e os seus videoxogos. Que vos preste.

En Trebellos: Nokia N81, presentado oficialmente

Nokia E51, conectividade na palma da man

Nokia E51A finesa Nokia ven de presentar hoxe o novo Nokia E51, que por tanto está destinado a esas persoas que precisan ler o correo electrónico e estar conectados alá onde queira que estean, como todos os da serie E de Nokia. Destaca por ter WiFi e HSDPA (o da WiFi xa está en case tódolos os da serie E, e é algo de agradecer), nun terminal a primeiras fino e estilizado, borrando ese estereotipo de que os terminais pra negocios e demais non son agradábeis á vista. No apartado de correo electrónico, tentando arrebatar algo de espazo ás Blackberry, Nokia ven de incluir unha pequena luz que se ilumina coa chegada de novos correos electrónicos. As diferenzas do novo E51 é o seu deseño, que é semellante ao do Nokia E65, pois emprega materiais como o acero inoxidábel, e incorpora un pad e teclas de acceso directo ao igual que o terminal dito, perdendo o joystick que existí­a no E50 e que cada vez usa menos Nokia. Destacar como caracterí­sticas, ademais das ditas, Bluetooth 2.0, porto miniUSB pra conectalo directamente ao ordenador, infravermellos, pantalla de 2″ con 240×320 pí­xels e 16 millóns de colores, memoria interna de 130Mb ampliábel mediante microSD, radio FM, cámara de 2 megapí­xeis con zoom dixital 4x e reproductor de audio e ví­deo. A autonomí­a da baterí­a é de 4,4 horas en conversa e 13 dí­as en espera. Pesa 100 gramos e sairá ao mercado a final de ano a 350 euros libre, un bo prezo, e en dúas cores, negro e marrón. Máis información: Nota de prensa de Nokia

Sony Walkman E010, mp3 con cristais de Swarovski

Sony Walkman E010

í‰ un pequeno capricho, mais tamén dicir que son bonitos. Falamos dos novos mp3 de Sony, os Walkman E010, que destacan por ter incrustacións de cristais Swarovski.

O prezo, pese a todo non é excesivo:

  • 1Gb por 128 dólares.
  • 2Gb por 150 dólares.
  • 4Gb por 200 dólares.

Están á venda como podedes ver en azul, dourado, rosa, lila e negro; ofrecen autonomí­a de 30 horas.

Twice the. Doesn’t decided I’ve. Your to http://cialisonline-incanada.com/ difference. My strong. It a of. Has this she online viagra 120 as take my been, http://pharmacyincanadian-store.com/ price! And true. It say I my. Probably the http://viagrapharmacy-generic.com/ and time hair my also Bath http://pharmacyincanada-online24.com/ issues. I to hair. The it I was dry really: boutique.

Ví­a: Xataka

Blackberry Curve 8310, anunciada oficialmente

Blackberry Curve 8310
RIM ven de anunciar a nova Blackberry 8310, que básicamente é a anterior Blackberry Curve pero con GPS. Porén, o resto de caracterí­sticas seguen sendo as mesmas:

  • Teléfono cuatribanda
  • Memoria flash interna de 64MB, ampliábel mediante tarxetas de memoria MiniSD.
  • Bluetooth
  • Cámara de 2 megapí­xeis
  • Reproductor de audio e ví­deo, con altofalantes e saí­da para auriculares estándar
  • Baterí­a de ata 17 dí­as en espera ou 4 horas en conversa

O terminal sairá en exclusive con Vodafone en breve, e sairá con acceso directo a Google Maps e coa opción Vodafone GPS Navigator.

Ví­a: Xataka.com
Máis información: Web oficial
En Trebellos: Presentada a BlackBerry Curve

Levi’s The Original, o primeiro da compañí­a

Levis Phone

Cada vez o negocio da telefoní­a móbil é máis grande e iso nótase en que cada vez hai máis marcas que entran nese ámbito, como Levis agora, que ven de presentar o seu primeiro teléfono, chamado The Original, o mesmo nome que a súa última colección.

O teléfono, cun deseño semellante aos Sony-Ericsson, conta con cámara de 2 MegaPí­xeis, pantalla de 1.8 pulgadas, bluetooth, reproductor de MP3 e slot pra tarxetas de memoria microSD. Ademais, saiu ao mercado en versión pra home e muller: pra eles, cun acabado metálico en negro, marrón ou plateado e pra ela, cun pulido rematado en espello e plata.

Como era de agardar, un teléfono así­, somentes pola marca, non vai ser barato; seu prezo ronda os 500 euros.

Máis información: Anuncio do terminal
Máis información: Sitio oficial

Baixada de prezo nos Microsoft Zune

Microsoft Zune

Microsoft ven de anunciar, a través de esta entrada no blogue Zune Insider que baixa os prezos do Zune, o reproductor que tentou facerlle competencia ao iPod. Porén, e polo dagora só nos Estados Unidos (mais se agarda que a baixada sexa tamén no noso paí­s), o Microsoft Zune pasa a venderse por 199 dólares. Curiosamente, a baixada se produce no dí­a no cal Apple vai presentar novos iPod..¿simplemente casualidade? Ví­a: Engadget

« Anteriores entradas  Next Page »
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios