Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Apple renova o iPhone e o iPod Touch

iPhone, iPod nano rosa e iPod Touch

Mentres que aquí agardamos a que o iPhone se anuncie dentro duns días, supostamente da man de Movistar e en Barcelona, Apple vén de anunciar a saída ao mercado dunha nova versión con 16GB, dispoñible xunto á de 8GB nos países que xa dispoñen de iPhone.
Dende hai uns días xa se especulaba na rede sobre a existencia dun iPhone destas características, e mesmo chegaron a aparecer imaxes mostrando a capacidade de almacenamento. O novo modelo está á venda a un prezo de 499 dólares nos Estados Unidos.

Por outra banda, o iPod Touch tamén se actualiza. Agora tamén está dispoñible un modelo que ten 32GB de almacenamento, o dobre da súa capacidade máxima anterior. O seu prezo é de 449 euros.

E por último, sinalar a dispoñibilidade do iPod nano en cor rosa, que se ben xa hai uns días que se anunciou, aínda non vos falaramos del en Trebellos. O seu prezo, ao ter 8GB, é de 189 euros.

Apple reforza a súa gama de produtos de cara ao San Valentín. Tedes xa os agasallos mercados?

Vía | Applesfera


Novo Macbook Air, o ultraportábel de Apple

Macbook Air

E ao fin chegou o tan rumoreado ultraportábel de Apple, o novo Macbook Air, que resulta ser o portátil máis fino do mundo. As características:

  • Pantalla panorámica de 13.3 pulgadas de LEDS.
  • Tegrado retroiluminado e QWERTY completo.
  • Webcam iSight integrada.
  • Trackpad multitáctil co que facer xestos para controlar aplicacións, ao igual que no iPhone ou iPod Touch.
  • Procesadores Intel Core 2 Duo a 1.6 e RAM de 2Gb. Hai posibilidade de procesador a 1.8Ghz.
  • Disco duro de 1.8 pulgadas con capacidade de 80Gb. Hai posibilidade de disco SSD de 64Gb.
  • 1 porto USB, non ten saída Ethernet, saída DVI, Wifi 802.11n e Bluetooth 2.1
  • Non ten unidade de CD e DVD, véndese externa opcionalmente por 99 dólares.
  • Todo isto, por 1799 dólares de partida, uns 1200 euros se o traemos de USA ou 1799 euros se o mercamos eiquí…

Páxina Oficial | Macbook Air


Microsoft comeza a patentar o ZunePhone

Ou iso parece. E se Microsoft copiou o iPod para sacar un Zune, agora toca copiar o iPhone para un posíbel ZunePhone. E velaí tedes o que acaba de patentar, un modelo de interfaz que lembra algo:

ZunePhone

En fin, todo semella que imos ter un teléfono de Microsoft dentro de pouco. E, persoalmente, moito debeu triunfar o Zune para que agora se animen a sacar un ZunePhone. Tamén nos poderiamos preguntar, ¿onde triunfou o Zune?
Vía: CrunchGear


Amosa os teus trebellos

PS3

Queremos comezar a facer cousas en Trebellos ligadas contigo e hoxe presentamos a primeira.

Queremos que nos ensines teus trebellos. Pode ser unha cámara, un iPod, calqueira cousa que vexas interesante, ou un iPhone se o tes. De vez en cando iremos publicando as máis interesantes.

¿Cómo facer que saia túa foto? Tes primeiro que ter unha conta en Flickr. Logo, debes subir a foto en cuestión e asignarlle a etiqueta trebellos.

Anímate, e se todo vai ben, dentro de pouco publicaremos as primeiras imaxes por aquí…


Rumores de novos Macbook

Macbook

Sempre falamos en Trebellos de rumores sobre Apple, mais cando pasan uns días sen telos…¿non os botas de menos?

Segundo se di na rede, Apple pode estar preparando uns portátis en aluminio e negro, máis finos que os actuais Macbook Pro.

Como é de agardar, pouco se sabe: cicais en vez do touchpad se use un multitouch, pois é unha tecnoloxía que xa usan no iPhone e iPod Touch, ou haxa un cambio no tegrado. O que é certo e que xa levamos tempo cos Macbook (para ser Apple), e pode que a comezos do ano que ven existan boas novas neste senso…

Vía: Engadget


RCA Jetstream, reprodutor MP3 inarámico para deportistas

RCA Jetstream

A idea de empregar un reprodutor MP3 como complemento ideal para a práctica dalgún deporte como o atletismo non é nada novo. Apple e Nike xa levan un tempo comercializando o pack Nike+, que serve para empregar o iPod coma un podómetro. Pero agora, ao pack deportivo Nike+ saiulle un moi duro rival: o RCA Jetstream.

Este reprodutor MP3, con 1Gb de capacidade, conta xa coas funcións de podómetro, contador de calorías queimadas e calculadora de índice de masa corporal integradas. Especialmente pensado para deportistas, o Jetstream incorpora unha novidosa tecnoloxía, denominada Kleer, que permite escoitar as cancións que teñas almaceadas nuns auriculares inarámicos, incluidos de serie. Pode reproducir arquivos WMA, MP3 ou Audible, transferidos grazas á tecnoloxía USB de alta velocidade, e tamén se pode escoitar a Radio FM.

Dispoñible a comezos de outubro a uns 150 dólares aproximadamente.

Vía:
Gizmos


Iriver W10, reproductor multimedia con wifi e gps integrado

iriver w10

O novo reproductor de iriver conta cunha pantalla de 3 polgadas táctil e resolución de 480 x 272 pixeles.

Como bó reproductor multimedia reproduce os formatos MP3, WMA, OGG de audio e en video MPEG-4, WMV9.

Pero isto non é só o comezo, o reproductor conta con wifi, VoIP (permite facer chamadas a través de internet), radio FM (que se bota en falla a integración nos ipod), lector de tarxetas miniSD para aumentar a súa capacidade inicial de 4 e 8gbs, reproduce radio en streaming, e ademáis inclúe GPS con mapas de Navteq.

A data de saída é novembro, pero non se di nada do precio. Estaremos atentos a inminente saída.

Visto en: Gadgetometro


Meizu M7, outro competidor ó Ipod touch

meizu m7

O outro día xa falamos do meizu m8 e agora nos chegan novas de meizu sobre o modelo m7, como podemos observar na imaxe, outra réplica do ipod touch.

A continuación as súas características principais:

  • Pantalla táctil de 2,8″ e resolución de 480 x 288 píxeles.
  • Compatibilidade con vídeo H.264 con unha resolución máxima de 720×480 píxeles, a 30fps DivX, XviD e saída de televisión.
  • Dispoñible en capacidades de 2gbs, 4gbs e 8gbs con prezos comprendidos entre 71€ e 107€.
  • Polo momento non sabemos se terá conectividade wifi nin bluetooth, cousa que non podemos descartar.
  • Medidas de 48 x 89 x 7.3 mm
  • Estará dispoñible a finais de 2008.

    Visto en: Xataka


    Resolta a incompatibilidade dos novos iPod en Linux

    Os novos iPod non funcionan en Linux

    Comentábamos hoxe en Trebellos a notabél incompatibilidade dos novos iPod entre os usuarios de Linux, que sabemos que no son poucos entre os nosos lectores.

    A través de esta entrada en Xataka hoxe nos enteramos de que a principal dificultade estaba en que Apple engadiu nos novos iPod dous campos que eran o resultado dunha función hash, mais xa se sabe como calculalos.

    De feito, os desenroladores de gtkpod (unha librería e un programa pra acceder ao iPod en Linux) descubriron como facelo e xa teñen o código, aínda que non presente no programa, só será cuestión de tempo.

    Máis información:
    Web oficial Amarok


    Os novos iPod non funcionan en Linux

    Os novos iPod non funcionan en Linux

    Debido a que Apple mudou a forma de acceder á base de datos de cancións e listas de reprodución nas últimas versións dos iPod, presentadas hai unhas semanas, as aplicacións de terceiros para sincronizar a música co reprodutor de Apple non funcionan.

    As aplicacións de terceiros eran, ata o de agora, a única forma de sincronizar o iPod baixo Linux. Mentras non apareza algún tipo de actualización do software dispoñible, os usuarios deste sistema operativo terán que empregar un ordenador con Windows ou Mac OS para disfrutar de contidos multimedia no seu reprodutor.

    Vía: Gizmodo

    ACTUALIZACIÓN: Resolta a incompatibilidade dos novos iPod en Linux


    Posteriores entradas »