Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Levi’s The Original, o primeiro da compañí­a

Levis Phone

Cada vez o negocio da telefoní­a móbil é máis grande e iso nótase en que cada vez hai máis marcas que entran nese ámbito, como Levis agora, que ven de presentar o seu primeiro teléfono, chamado The Original, o mesmo nome que a súa última colección.

O teléfono, cun deseño semellante aos Sony-Ericsson, conta con cámara de 2 MegaPí­xeis, pantalla de 1.8 pulgadas, bluetooth, reproductor de MP3 e slot pra tarxetas de memoria microSD. Ademais, saiu ao mercado en versión pra home e muller: pra eles, cun acabado metálico en negro, marrón ou plateado e pra ela, cun pulido rematado en espello e plata.

Como era de agardar, un teléfono así­, somentes pola marca, non vai ser barato; seu prezo ronda os 500 euros.

Máis información: Anuncio do terminal
Máis información: Sitio oficial


Publicidade

Comentarios