Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Evento Apple o 5 de setembro

The beat goes on

Apple vén de anunciar un novo evento na súa sede central de San Francisco o próximo mércores para a presentación de novos produtos relacionados coa familia iPod, se atendemos á imaxe que acompaña esta entrada.

A invitación ó evento foi enviada durante esta semana a diversas webs especializadas en tecnoloxía dos Estados Unidos, con certa rapidez motivada pola filtración de imaxes dos novos iPod nano á rede que Apple mandou retirar e das que vos informamos hai uns días en Trebellos.

Segundo diversas webs, no evento tamén podería anunciarse un acordo entre Apple e The Beatles para a distribución na Apple Store da súa discografía, xa que a frase que acompaña a invitación “The beat goes on” foi a que empregaron os músicos na súa carta de despedida. Tamén se prevé a presentación da venda de películas e series no continente europeo, dispoñible xa dende comezos desta semana no Reino Unido.

Vía: AppleWeblog


  1. […] Máis información: Digitimes En Trebellos: Evento Apple o 5 de setembro En Trebellos: Foto dos posíbeis novos iPod nano Máis novas sobre:  Apple, Rumores […]

  2. […] Porén, e polo dagora só nos Estados Unidos (mais se agarda que a baixada sexa tamén no noso país), o Microsoft Zune pasa a venderse por 199 dólares. Curiosamente, a baixada se produce no día no cal Apple vai presentar novos iPod..¿simplemente casualidade? […]

Publicidade

Comentarios