Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Presentada a BlackBerry Curve

Blackberry CurveXa foi presentada a BlackBerry Curve, outro modelo máis de Blackberry, pero orientada moitísimo máis ao mercado do multimedia e, na miña opinión, dos blogueiros, penso que é un modelo ideal para aqueles que facemos fotos e as subimos a Flickr nun intre ou gostamos de escribir no blogue dende calqueira lugar. As súas características principais son as seguintes:

  • Mide 107×60x15,5 milímetros e pesa 110 gramos. É cuatribanda e ten conectividade Bluetooth.
  • Ten teclado QWERTY, como ven sendo normal na maioría das Blackberry.
  • Ten unha cámara de fotos de 2 megapíxeles con flash e zoom.
  • Grandes posibilidades multimedia: códecs de vídeo (MPEG4 Part 2 Simple Profile, H.263, WMV) e de audio (MP3, MIDI, AMR-NB, AAC/AAC+/eAAC+, WMA, WAV).
  • 64Mb de memoria ampliábeis ata 4XB.

Máis información: Blackberry


Publicidade

Comentarios