CMPXa empeza a ser coñecida a miña predilección polas cintas de cassete. Se fai uns dí­as falabamos dunha memoria con este aspecto, hoxe tocalle o turno a un reproductor mp3 que semella unha antiga cinta de cassete. O trebello ten dúas funcións, por un lado serve coma un reproductor de mp3 convencional grazas ó uso de tarxetas Secure Dixital, e por outra banda serve para escoitar dende calquer reproductor de cassete como a o do coche ou unha vella cadea musical.

Como reproductor, ten unha interfaz de 7 botons e pode ser recargado con transformador ou ví­a USB. Como adaptador pra cassete, chega con introducilo e dalle ó play, claro que non poderas avanzar rapidamente polas cancións. O Cassete MP3 player estará dispoñible pronto.

Visto en Digital Drops

Mais información : Páxina do produto