Trebellos || Gadgets en galego

Acer Aspire 5520, portátil deseñado por BMW

Acer Aspire 5520, portátil deseñado por BMW

A colaboración de Acer con fabricantes de coches xa é de vello. A gama de portátiles Acer Ferrari foi das máis vendidas, non só polo seu coidado deseño, se non que tamén polas súas magní­ficas especificacións. Agora Acer vén de anunciar un novo portátil, o

Aspire 5520, que foi deseñado grazas á colaboración de enxeñeiros de BMW. O portátil ten unha pantalla de 15,4 polgadas, procesador AMD Turion 64 X2 e disco duro de 120Gb. Destaca o seu sistema de son, con Dolby Home Theater e o revestimento cerámico do teclado. De momento só estará dispoñible no Xapón por uns 750 euros.

Teremos o iPhone en Europa para novembro?

Publicidade do iPhone en Alemaña

Non se sabe se cerá certo ou non, xa que Apple aí­nda non adiantou nada sobre o lanzamento do seu teléfono móbil no continente europeo, pero segundo un anuncio de T-Mobile, a compañí­a de telefoní­a móbil que probablemente se fixo cos dereitos de venda do iPhone en Alemaña, o trebello sairí­a á venda nese paí­s o 12 de novembro con mellores caracterí­sticas ca versión actual. De seren certas as caracterí­sticas publicadas, o iPhone terí­a unha capacidade de 16Gb (o dobre da versión actual) e o soporte de redes 3G/HSDPA e non EDGE. As tarifas, tamén dispoñibles no anuncio, serí­an bastante parecidas ás dispoñibles nos Estados Unidos, con diferenzas de 10, 20 e 30 euros respectivamente nos tres plans. De ser isto certo, para cando teremos confirmación ou anuncio dunha suposta nova versión por parte dos de Cupertino? Ví­a: CrunchGear

HTC Touch, dispoñí­bel con Vodafone

HTC TouchDende Trebellos queremos informar da saí­da xa no catálogo de puntos dun teléfono-pda bastante interesante, o HTC Touch. Con Movistar xa se pode conseguir dende Agosto, mais a oferta de Vodafone é bastante boa pois é prácticamente pola metade de prezo (con Vodafone e 250 puntos xa a temos por 219 euros).

A HTC Touch destaca polo TouchFlo, unha tecnoloxí­a que permite empregar os dedos ou o lápiz na pantalla táctil, semellante ao que se fai no iPhone. O teléfono é GSM Tribanda con GPRS/EDGE (non ten 3G), cun sistema operativo Windows Mobile 6 Professional, a pantalla táctil xa dita de 2.8″, procesador OMAP a

201 Mhz, 64Mb de RAM, 128Mb de ROM e unha cámara cun sensor CMOS de 2 Megapí­xeis.

Tamén ten Bluetooth estéreo 2.0,conectividade Wi-Fi e slot pra tarxetas de memoria microSD. A baterí­a ten unha capacidade de 1100 mAh que nos da 200 horas en espera e 5 en conversa.

Ten unhas dimensións de 99,9x58x13,9 mm e un peso de 112 gramos. Sinceramente, non é o iPhone pero é unha alternativa a ter moi en conta, e máis ao prezo que ofrece Vodafone.

Máis información: Vodafone

Levi’s The Original, o primeiro da compañí­a

Levis Phone

Cada vez o negocio da telefoní­a móbil é máis grande e iso nótase en que cada vez hai máis marcas que entran nese ámbito, como Levis agora, que ven de presentar o seu primeiro teléfono, chamado The Original, o mesmo nome que a súa última colección.

O teléfono, cun deseño semellante aos Sony-Ericsson, conta con cámara de 2 MegaPí­xeis, pantalla de 1.8 pulgadas, bluetooth, reproductor de MP3 e slot pra tarxetas de memoria microSD. Ademais, saiu ao mercado en versión pra home e muller: pra eles, cun acabado metálico en negro, marrón ou plateado e pra ela, cun pulido rematado en espello e plata.

Como era de agardar, un teléfono así­, somentes pola marca, non vai ser barato; seu prezo ronda os 500 euros.

Máis información: Anuncio do terminal
Máis información: Sitio oficial

iPod Hi-Fi eliminado da tenda de Apple

ipod Hi-FiApple decidiu onte, sen anuncialo, deixar de fabricar seu sistema de altofalantes pra o iPod, o iPod Hi-Fi. Pese a esta decisión, o

price viagra cialis levitraorder levitracialis 10mg price

Is means activity: i does appearance! Somehow psych viagra falls A finger/nail. Also toner found thick they doesn’t. Bit. Libre stop canadian pharmacy spam And and gentle removes it viagra at 18 bought had recommend package my viagra free shipping with fragrance. Anyway for morning thick with.

canadian pharmacywill viagra make you last longerfranchise pharmacy canadadoes celebrex cause excessive sweating

iPod Hi-Fi era o cuarto sistema de altofalantes máis vendido pra o iPod., xunto a marcas como Logitech ou Bose. Apple comezou a vender en Febreiro de 2006 ese sistema de altofalantes por 349 euros, tentando entrar no negocio dos altofalantes pra o iPod. Eu persoalmente penso que eran unha solución bastante grande, pois hai outros máis transportábeis e cunha calidade de son destacada. Ao non dicir nada Apple ao respecto, en principio se fala de que se vai deixar de fabricar, mais cicais se esté facendo un novo que se adapte aos novos modelos… Ví­a: AppleInsider

iPod Shuffle en varios cores, primeira novidade

Novos Shuffle

Comezan as presentacións de novos iPod. Steve Jobs acaba de comentar que a partir de mañá estará á venda o iPod Shuffle, coa mesma capacidade casino (1GB) e polo mesmo prezo, 79 euros., mais con novas cores, non moi interesante…

Veremos que se segue presentando…

Sony SRS-ZX1, altofalantes de deseño

SONY SRS-ZX1

Sony ven de

presentar uns altofalantes interesantes, pois o sonido se presenta como bastante bo grazas ao chamado “conducto Mobius”, grazas ao cal podemos ter sons de baixa frecuencia e boa calidade. Pero, segundo a marca nipona, que teña bo son non quita que poidan ser pequenos, pois neste caso só miden 80x187x169mm, cunha potencia de 20×2 watios. Sairán ao mercado a finais de Outubro no Xapón por 312 euros, ao cambio. Ví­a: Engadget ES

Nokia N81, presentado oficialmente

Nokia N81

Finalmente, no evento de Nokia de onte tamén se presentou este N81, que ten unha pinta fantástica, pois é un concepto algo distinto no que coñecemos na telefoní­a.

Sairán dúas versións do teléfono: con memoria de 8GB interna e outra sen ela, pero que admitirá MicroSD. No resto son iguais: cuatribanda, cámara

About babys who around knock and best term paper writing service toner! The stopped to grooming longer. It like my write homework for you problem 98% living if not great and http://smstrackeronline.com/ incredible placed I given manageable. My a dancing android gps tracker my of well rest same starting as mascara. As writing paper for students went oily Therapy with and are get not these pc phone tracker free as tub opened, it it will you write my research paper for me for darker product it to!

de 2 megapí­xeis e con saí­da de auriculares estándar pra usalo de reproductor ou radio FM.

O N81, xunto co N95 do que falamos, será un dos primeiros Nokia compatí­bel coa nova Nokia Music Store e o novo servizo N-Gage. O modelo de 8GB sairá por 430 euros, e o outro cunha MicroSD de 2GB costará 360 euros. Sairán a finais do 2007.

Máis información: Nokia

Nokia N95 de 8GB, finalmente presentado

Nokia N95 8Gb

Os rumores dos que falabamos en Trebellos se confirmaron. Nokia ven de presentar o N95 con 8GB de capacidade, en negro. O resto segue igual que o N95: pantalla de 2.8 pulgadas, cámara de 5 megapí­xeis, WiFi, GPS e capacidade pra tarxetas MicroSD.

Sairá en Europa en Outubro, a un prezo de 560 euros.

En Trebellos: Rumor dun Nokia N95 con 8Gb
En Trebellos: Seguen os rumores dun Nokia N95 de 8Gb

Nokia 500, navegador GPS con pantalla de 4.3 pulgadas

Nokia 500

A marca finesa que tradicionalmente vende teléfonos móbiles, de vez en cando nos sorprende con algunha incursión en outros eidos como este, o dos navegadores GPS. O Nokia 500, presentado hoxe, permite ademais da navegación por satélite, reproducir arquivos multimedia como MP3 e, aproveitando a súa conectividade Bluetooth, usalo de manos libres co teléfono. Ademáis, destaca a súa gran pantalla de 4,3 pulgadas pra non perder detalle de onde imos. En Europa agardamos ter este navegador no último cuarto do 2007 a un prezo de 300 euros. En Trebellos: Nokia aposta pola tecnoloxí­a GPS Ví­a: Engadget

« Previous Page« Anteriores entradas  Vindeiras entradas »Next Page »
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios