Nokia 500

A marca finesa que tradicionalmente vende teléfonos móbiles, de vez en cando nos sorprende con algunha incursión en outros eidos como este, o dos navegadores GPS. O Nokia 500, presentado hoxe, permite ademais da navegación por satélite, reproducir arquivos multimedia como MP3 e, aproveitando a súa conectividade Bluetooth, usalo de manos libres co teléfono. Ademáis, destaca a súa gran pantalla de 4,3 pulgadas pra non perder detalle de onde imos. En Europa agardamos ter este navegador no último cuarto do 2007 a un prezo de 300 euros. En Trebellos: Nokia aposta pola tecnoloxí­a GPS Ví­a: Engadget