Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Nokia N95 de 8GB, finalmente presentado

Nokia N95 8Gb

Os rumores dos que falabamos en Trebellos se confirmaron. Nokia ven de presentar o N95 con 8GB de capacidade, en negro. O resto segue igual que o N95: pantalla de 2.8 pulgadas, cámara de 5 megapí­xeis, WiFi, GPS e capacidade pra tarxetas MicroSD.

Sairá en Europa en Outubro, a un prezo de 560 euros.

En Trebellos: Rumor dun Nokia N95 con 8Gb
En Trebellos: Seguen os rumores dun Nokia N95 de 8Gb


  1. dorfun o 30 de August de 2007

    …pois a pantalla medra 0.2″ con respecto ó orixinal, a cámara xa non ten tapa e non admite tarxetas microSD… entre outras cousas… tan sinxelo como usar o comparador, ou ler as miles de fontes que falan do tema…

  2. Andrés Milleiro o 30 de August de 2007

    Dorfun, esa protección da lente xa se eliminara no anterior N95, o que saiu en USA, polo que non o considerei ao escribir a nova como novidade.

    Sobre o do MicroSD, en Gizmos comentan que a MicroSD segue intacta, en Xataka e Gizmología non comentan ren ao respecto.

  3. dorfun o 30 de August de 2007

    …bueno… eu digo o que di Nokia…

Publicidade

Comentarios