Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Rumor dun Nokia N95 con 8GB

En Gizmología se fan eco dunha nova que, de ser certa, daría continuación á guerra entre, na miña opinión, os dous teléfonos máis poderosos en canto a prestacións neste intre: o iPhone de Apple e o Nokia N95.

Según o rumor, a marca finesa estaría preparando unha versión de 8GB de capacidade do seu teléfono, o que faría de el un completo terminal e, na miña opinión, algo que destrozaría a chegada do iPhone a Europa (lembremos cousas como que o Nokia N95 ten GPS namentras que o iPhone só ten Google Maps, por exemplo, o que unido aos 8GB superaría con creces en capacidades á novidade de Apple).
Nokia N95 8GB
¿E en que se basan pra difundir o rumor? Pois na imaxe que tedes aí enriba, que é a cabeceira dunha web de Nokia. Cousas máis raras temos visto.

Vía: Gizmología
Máis información: Revisión do Nokia N95 en Trebellos.org


  1. […] En Trebellos: Rumor dun Nokia N95 con 8Gb En Trebellos: Seguen os rumores dun Nokia N95 de 8Gb Máis novas sobre:  Telefonía […]

Publicidade

Comentarios