Dende Trebellos queremos informar da saída xa no catálogo de puntos dun teléfono-pda bastante interesante, o HTC Touch. Con Movistar xa se pode conseguir dende Agosto, mais a oferta de Vodafone é bastante boa pois é prácticamente pola metade de prezo (con Vodafone e 250 puntos xa a temos por 219 euros).
A HTC Touch destaca polo TouchFlo, unha tecnoloxía que permite empregar os dedos ou o lápiz na pantalla táctil, semellante ao que se fai no iPhone. O teléfono é GSM Tribanda con GPRS/EDGE (non ten 3G), cun sistema operativo Windows Mobile 6 Professional, a pantalla táctil xa dita de 2.8″, procesador OMAP a
201 Mhz, 64Mb de RAM, 128Mb de ROM e unha cámara cun sensor CMOS de 2 Megapíxeis.
Tamén ten Bluetooth estéreo 2.0,conectividade Wi-Fi e slot pra tarxetas de memoria microSD. A batería ten unha capacidade de 1100 mAh que nos da 200 horas en espera e 5 en conversa.
Ten unhas dimensións de 99,9x58x13,9 mm e un peso de 112 gramos. Sinceramente, non é o iPhone pero é unha alternativa a ter moi en conta, e máis ao prezo que ofrece Vodafone.
Máis información: Vodafone
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario