Algo que destaca do Nokia 8600 é que ten un porto microUSB. Ben, o pack co que compramos o teléfono ven tamén un cable microUSB a USB e ademais un cargador con un conector microUSB, polo tanto podemos dicir que Nokia finalmente aposta pola carga 100% a través de USB, o que cicais dea a pensar que isto é o fin do cargador específico pra os Nokia.
O porto microUSB se pode ver na parte inferior do teléfono, e a través deste porto poderemos transferir enerxía, datos e audio. No referente a isto último, dicir que hay aparentemente un adaptador no pack de microUSB pra conexións de audio, ademais das conexións audio por Bluetooth que poidamos ter.
Por certo, non debemos confundir o porto microUSB co miniUSB, que cicais nos sexa máis familiar, e que ademais é algo máis pequeno.
Se tes un móbil Nokia ten coidado e revisa a súa batería. Verás que na capa principal ten 4 caracteres, se estes caracteres son BL-5C podes ter problemas.
Segundo unha nota de prensa de Nokia estas baterías en raras ocasións poden chegar a explotar ao quentarse demasiado mentres se cargan.
Este problema só afecta ás baterías BL-5C fabricadas por Matsushita entre decembro do 2005 e novembro do 2006 polo que aínda que teñas unha batería BL-5C pode que non teñas problemas. Para comprobalo vai á páxina especial que Nokia sacou polo asunto e introduce no campo de texto os 26 caracteres que hai na capa de atrás da túa batería.
Unha vez introducido ese código a páxina nos dirá se a nosa batería e defectuosa. En caso de se-lo teremos que encher un formulario cos nosos datos para que nos envien unha batería nova de balde.
Segundo Nokia a batería só pode explotar mentres se carga e en moi raras ocasións, aínda así xa houbo rexistradas 100 explosións e hai 46 millóns de baterías que poden explotar.
Polo menos Nokia cambia a batería defectuosa sen cargo algún e da un sobre para enviar de volta a batería defectuosa e así recicla-la correctamente.
Eu mesmo teño a batería do meu móbil (un Nokia N70) defectuosa e agardo que me envien pronto a batería nova, ata entón terei coidado á hora de cargala.
Máis información: Nota de prensa | Battery replacement.
br>
Os rumores xa apuntaban a que en Estados Unidos Nokia ía tentar contrarrestar as ventas do iPhone, se ben se dubidaba de entre un N95 mellorado ou algún outro modelo.
Finalmente, Nokia ven de presentar unha renovación do seu N95, cunha batería que dura un 26% máis, cunha cor negra en vez da tradicional prateada en Europa, e ademais se lle dotou ao teléfono dunha conexión HSPDA máis potente e máis memoria RAM, agora 128 Mb.
En Trebellos: Rumor dun Nokia N95 con 8Gb
En Trebellos: Seguen os rumores dun Nokia N95 de 8Gb
Esto que vedes non é un rumor, é o novo Nokia 7500.
Ten o nome Prism polo característico do seu deseño, formado a través de pequenos prismas que lle dan forma, mais agora veremos que tampouco ten malas prestacións, algo que soía ser frecuente entre os teléfonos fashion da marca finesa.
Ademais do seu toque de deseño e demais é un teléfono moi ben equipado, pois ten 3G, sistema operativo Symbian S40, pantalla de 2 pulgadas, cámara de 2 megapíxeles, bluetooth 2.0 e ranura pra tarxetas MicroSD.
Está a venda xa nalgunhas tendas de Importación por 299 dólares, mais sairá en Europa en Outono.
Isto que vedes a vosa dereita é o pouco que se pode sacar en claro de 070829.com, unha web promocional que fixo Nokia pra un novo terminal que podería ser o da imaxe, un suposto Nokia N81.
Polo tanto, a casa finesa supoñemos que lanzará varios terminais nesa data, e polo que podemos ver o teléfono se pode manexar tanto en vertical como en horizontal, podendo así tratalo como unha consola tipo PSP.
Polo que se comenta nos mentideiros da rede, o N81 tería 8GB de memoria interna, algo de agradecer, e soportaría a plataforma de xogos Nokia N-Gage que Nokia leva querendo revitalizar de novo dende fai uns meses e que podería comezar con este trebello, que ten os botóns caseque ideais pra poder xogar no teléfono.
Máis información: Gizmología
Máis información: SlashRumor
Esto que vedes á esquerda é supostamente o Nokia N98, futuro modelo da marca finesa que, na miña opinión, non ten nada que envexarlle ao iPhone, o superaría e con creces. As principais características serían:
Visto o visto, sería un Nokia N95 pero bastante mellorado e con pantalla táctil, penso que todo un avance tratándose de Nokia. De aí que comentaba en Radiovoz fai uns Luns que o principal avance que trae o iPhone non é o iPhone en si, senón cousas como o da pantalla táctil. Veremos se se confirma este trebello.
Vía: SmartSym
Se fai uns días nos facíamos eco dos rumores que dicían que Nokia estaba desenrolando un N95 de 8GB para contrarrestar ao iPhone, hox e en SlashGear sacan esa imaxe do suposto novo terminal. ¿Será certo? ¿Será unha fotomontaxe? E vós, ¿que pensades?
Máis información: Slashgear
Máis información: Revisión do Nokia N95 en Trebellos.org
En Gizmología se fan eco dunha nova que, de ser certa, daría continuación á guerra entre, na miña opinión, os dous teléfonos máis poderosos en canto a prestacións neste intre: o iPhone de Apple e o Nokia N95. Según o rumor, a marca finesa estaría preparando unha versión de 8GB de capacidade do seu teléfono, o que faría de el un completo terminal e, na miña opinión, algo que destrozaría a chegada do iPhone a Europa (lembremos cousas como que o Nokia N95 ten GPS namentras que o iPhone só ten Google Maps, por exemplo, o que unido aos 8GB superaría con creces en capacidades á novidade de Apple).
¿E en que se basan pra difundir o rumor? Pois na imaxe que tedes aí enriba, que é a cabeceira dunha web de Nokia. Cousas máis raras temos visto. Vía: Gizmología Máis información: Revisión do Nokia N95 en Trebellos.org
Para os que queiran mercar un auricular Bluetooth para o seu mobil, Nokia ven de presentar tres modelos na súa amplia gama destes trebellos. O Nokia BH-803 e un pequeno pero elegante auricular con altas prestacions en tan só 11 gramos pero a uns 120 €. O Nokia BH-602 representa o continuismo na gama de auriculares cun deseño similar e, iso si, moitas funcions (colgar, descolgar, rexeitar) e ata atcivación por voz a un prezo mais razoable duns 70 €. Mais innovador son os BH-604, primeir auricular bluetooth cun deseño similar ós de audio que non nos ten afeitos. Estos auriculares supoñen unha aposta polos clientes mais esixentes en canto a calidade de son, e son os unicos que virán con Bluetooth 2.0, mais enfocados a escoitar música. Estes auriculares custaran uns 120 €. Mais información : Nokia
Fontes da marca finesa de telefonía Nokia indicaron que en breve vai comezar a distribución do Nokia N77, un terminal presentado na feria 3GSM en Barcelona fai uns meses. Asemesmo, indicaron que a distribución comezará por Finlandia, continuando por Vietnam e India.
Pra quen nunca escoitase falar deste terminal, o Nokia N77 ten unha pantalla realmente grande, de 2,4 pulgadas, dous altofalantes estéreo de alta calidade xunto co xa case tradicional reproductor mp3, cámara de 2 megapíxeles e sobre todo a posibilidade de ver programas de televisión grazas á tecnoloxía DVB-H. Comentar respecto a esto último que esta tecnoloxía non ten demasiado que ver coa posibilidade que dan algúns operadores como Vodafone de ver a TV no teléfono, é unha televisión con máis calidade.
Na miña opinión, temos ante nós a un completo terminal multimedia, se ben na miña opinión fáltalle algo de conectividade pra ser un superterminal como por exemplo a conectividade sen fíos do Nokia N80.
Máis información: Páxina do producto