Esto que vedes á esquerda é supostamente o Nokia N98, futuro modelo da marca finesa que, na miña opinión, non ten nada que envexarlle ao iPhone, o superaría e con creces. As principais características serían:
- Pantalla táctil con resolución VGA
- Cámara de 7,2 Megapixels con óptica Carl Zeiss
- Zoom dixital 20x
- Receptor GPS
- Acelerador de gráficos
- Cámara frontal VGA pra videoconferencias
- WLAN 802.11b/g/n
- Bluetooth v2.0
- HSDPA
Visto o visto, sería un Nokia N95 pero bastante mellorado e con pantalla táctil, penso que todo un avance tratándose de Nokia. De aí que comentaba en Radiovoz fai uns Luns que o principal avance que trae o iPhone non é o iPhone en si, senón cousas como o da pantalla táctil. Veremos se se confirma este trebello.
Vía: SmartSym
Andrés, o Nokia N98 non é que se trate dun rumor, senón que foi unha broma do pasado April’s Fool, ou sexa, unha carallada do Primeiro de Abril.
Ah, e o das pantallas táctiles xa hai mooooito tempo que está presente na telefonÃa móbil, hai que matizar que o que ten o iPhone é unha pantalla multi-táctil.
Para min tanto o Nokia N95 coma o Toshiba Portégé G900 son terminais superiores ó iPhone, pero o iPhone é máis desexado. Digamos que o iPhone vén a ser como a Nintendo Wii, que é peor que a Xbox 360 e a PS3, pero á xente gústalle máis.
Marcus, o N98 que saiu no April Fools Day non tiña nada que ver con este…que supostamente foi presentado en Francia:
http://i171.photobucket.com/albums/u311/hitnews1/nokia-n98-photshopped-synaptics-ony.jpg