En Gizmologí­a se fan eco dunha nova que, de ser certa, darí­a continuación á guerra entre, na miña opinión, os dous teléfonos máis poderosos en canto a prestacións neste intre: o iPhone de Apple e o Nokia N95. Según o rumor, a marca finesa estarí­a preparando unha versión de 8GB de capacidade do seu teléfono, o que farí­a de el un completo terminal e, na miña opinión, algo que destrozarí­a a chegada do iPhone a Europa (lembremos cousas como que o Nokia N95 ten GPS namentras que o iPhone só ten Google Maps, por exemplo, o que unido aos 8GB superarí­a con creces en capacidades á novidade de Apple). Nokia N95 8GB
¿E en que se basan pra difundir o rumor? Pois na imaxe que tedes aí­ enriba, que é a cabeceira dunha web de Nokia. Cousas máis raras temos visto. Ví­a: Gizmologí­a Máis información: Revisión do Nokia N95 en Trebellos.org