Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Comeza a distribución do Nokia N77

Nokia N77

Fontes da marca finesa de telefoní­a Nokia indicaron que en breve vai comezar a distribución do Nokia N77, un terminal presentado na feria 3GSM en Barcelona fai uns meses. Asemesmo, indicaron que a distribución comezará por Finlandia, continuando por Vietnam e India.

Pra quen nunca escoitase falar deste terminal, o Nokia N77 ten unha pantalla realmente grande, de 2,4 pulgadas, dous altofalantes estéreo de alta calidade xunto co xa case tradicional reproductor mp3, cámara de 2 megapí­xeles e sobre todo a posibilidade de ver programas de televisión grazas á tecnoloxí­a DVB-H. Comentar respecto a esto último que esta tecnoloxí­a non ten demasiado que ver coa posibilidade que dan algúns operadores como Vodafone de ver a TV no teléfono, é unha televisión con máis calidade.

Na miña opinión, temos ante nós a un completo terminal multimedia, se ben na miña opinión fáltalle algo de conectividade pra ser un superterminal como por exemplo a conectividade sen fí­os do Nokia N80.

Máis información: Páxina do producto


Publicidade

Comentarios