Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Apple renova o iPhone e o iPod Touch

iPhone, iPod nano rosa e iPod Touch

Mentres que aquí agardamos a que o iPhone se anuncie dentro duns días, supostamente da man de Movistar e en Barcelona, Apple vén de anunciar a saída ao mercado dunha nova versión con 16GB, dispoñible xunto á de 8GB nos países que xa dispoñen de iPhone.
Dende hai uns días xa se especulaba na rede sobre a existencia dun iPhone destas características, e mesmo chegaron a aparecer imaxes mostrando a capacidade de almacenamento. O novo modelo está á venda a un prezo de 499 dólares nos Estados Unidos.

Por outra banda, o iPod Touch tamén se actualiza. Agora tamén está dispoñible un modelo que ten 32GB de almacenamento, o dobre da súa capacidade máxima anterior. O seu prezo é de 449 euros.

E por último, sinalar a dispoñibilidade do iPod nano en cor rosa, que se ben xa hai uns días que se anunciou, aínda non vos falaramos del en Trebellos. O seu prezo, ao ter 8GB, é de 189 euros.

Apple reforza a súa gama de produtos de cara ao San Valentín. Tedes xa os agasallos mercados?

Vía | Applesfera


Novo Macbook Air, o ultraportábel de Apple

Macbook Air

E ao fin chegou o tan rumoreado ultraportábel de Apple, o novo Macbook Air, que resulta ser o portátil máis fino do mundo. As características:

  • Pantalla panorámica de 13.3 pulgadas de LEDS.
  • Tegrado retroiluminado e QWERTY completo.
  • Webcam iSight integrada.
  • Trackpad multitáctil co que facer xestos para controlar aplicacións, ao igual que no iPhone ou iPod Touch.
  • Procesadores Intel Core 2 Duo a 1.6 e RAM de 2Gb. Hai posibilidade de procesador a 1.8Ghz.
  • Disco duro de 1.8 pulgadas con capacidade de 80Gb. Hai posibilidade de disco SSD de 64Gb.
  • 1 porto USB, non ten saída Ethernet, saída DVI, Wifi 802.11n e Bluetooth 2.1
  • Non ten unidade de CD e DVD, véndese externa opcionalmente por 99 dólares.
  • Todo isto, por 1799 dólares de partida, uns 1200 euros se o traemos de USA ou 1799 euros se o mercamos eiquí…

Páxina Oficial | Macbook Air


Rumor: R co iPhone

iphoneA Trebellos chegáronnos informacións de que R andivo en conversas con Apple para tentar ter o iPhone entre os seus clientes.

O día dos inocentes xa pasou e a fonte de onde obtivemos este rumor pode ser considerada como bastante fiábel. De feito Apple podería ter enviado algúns terminais de proba a técnicos de R para que probasen as súas capacidades dentro da rede da operadora galega.

Por razóns obvias non temos fotos que testifiquen o evento, mais que unha operadora como R consiga entablar conversas con Apple, ao menos para min é un orgullo e unha demostración do ben que están a facer as cousas dende a dirección da cableira galega.

¿Haberá iPhone con R? Como é de agardar, hai moitas operadoras interesadas, mais o feito de que o iPhone se distribúa cun operador en exclusividade e ao non ter R cobertura propia no territorio español maxino que bota para atrás esta posibilidade… mais quen sabe.


Confirmado o iPhone 3G

iPhone

Xa está confirmado: haberá iPhone 3G, o terminal que chegará a España a mediados do 2008. Todo isto foi confirmado por Randall Stephenson, un dos xefes de AT&T, a operadora que ten a exclusiva do propio teléfono de Apple nos USA.

O principal problema co 3G é que o seu chip consume moita batería (os que temos un terminal 3G o sabemos moi ben), e semella que por fin está solucionado, durando co 3G activado unhas 5 horas, unhas tres menos que o actual iPhone.

Máis información: Bloomberg


Microsoft comeza a patentar o ZunePhone

Ou iso parece. E se Microsoft copiou o iPod para sacar un Zune, agora toca copiar o iPhone para un posíbel ZunePhone. E velaí tedes o que acaba de patentar, un modelo de interfaz que lembra algo:

ZunePhone

En fin, todo semella que imos ter un teléfono de Microsoft dentro de pouco. E, persoalmente, moito debeu triunfar o Zune para que agora se animen a sacar un ZunePhone. Tamén nos poderiamos preguntar, ¿onde triunfou o Zune?
Vía: CrunchGear


Amosa os teus trebellos

PS3

Queremos comezar a facer cousas en Trebellos ligadas contigo e hoxe presentamos a primeira.

Queremos que nos ensines teus trebellos. Pode ser unha cámara, un iPod, calqueira cousa que vexas interesante, ou un iPhone se o tes. De vez en cando iremos publicando as máis interesantes.

¿Cómo facer que saia túa foto? Tes primeiro que ter unha conta en Flickr. Logo, debes subir a foto en cuestión e asignarlle a etiqueta trebellos.

Anímate, e se todo vai ben, dentro de pouco publicaremos as primeiras imaxes por aquí…


Samsung Armani

Confirmase o lanzamento do teléfono elaborado por Armani e Samsung. Un duro competidor contra o lg prada e un máis contra o iphone.

armani phone

O modelo basase no samsung sgh-p520, a continuación as súas principais características:

  • 88 x 54 x 8.9 mm de tamaño e 102 gramos de peso.
  • Pantalla de 2,6 pulgadas táctil que vibra levemente cando pulsamos un botón.
  • Cámara principal de 3Mpixeles
  • Memoria interna de 50Mbs ampliable mediante tarxetas microSD.
  • Conectividade bluetooth e wifi con soporte UMA (permite cambiar de redes GSM a wifi de maneira transparente).
  • Lector de documentos.
  • Duración da batería de ata 3 horas en chamada e ata 9 días en espera.
  • Estará dispoñible a partires de novembro por un precio que rondará os 400€ libre.

    Visto en: Xataka movil


    Rumores de novos Macbook

    Macbook

    Sempre falamos en Trebellos de rumores sobre Apple, mais cando pasan uns días sen telos…¿non os botas de menos?

    Segundo se di na rede, Apple pode estar preparando uns portátis en aluminio e negro, máis finos que os actuais Macbook Pro.

    Como é de agardar, pouco se sabe: cicais en vez do touchpad se use un multitouch, pois é unha tecnoloxía que xa usan no iPhone e iPod Touch, ou haxa un cambio no tegrado. O que é certo e que xa levamos tempo cos Macbook (para ser Apple), e pode que a comezos do ano que ven existan boas novas neste senso…

    Vía: Engadget


    O iPhone tamén en Alemaña

    iPhone

    Despois de diversas marmuracións, das que xa vos falamos en Trebellos, T-Mobile anunciou por fin que poñerá á venda o teléfono móbil de Apple en Alemaña a partir do 9 de novembro, o día no que tamén se poñerá á venda no Reino Unido.

    A versión que se poñerá á venda será a mesma ca no resto de países, a de 8Gb, a un prezo de 399 euros cun contrato de dous anos coa compañía. T-Mobile tamén anunciou que se terán a disposición perto de 20.000 puntos de acceso inarámicos para a conexión a internet.

    Steve Jobs está a facer un percorrido por algúns países europeos. Onte estivo no Reino Unido, hoxe en Alemaña e disque mañá estará en Francia. Teremos mañá novas sobre a distribución francesa do iPhone? Pasará Jobs tamén por España?

    Relacionada: iPhone no Reino Unido con O2 o 9 de novembro
    Relacionada: Teremos o iPhone en Europa para novembro?
    Máis información: Apple


    Rumores dun iPhone 2G no 2008

    iphoneE certamente, debería ser así. Como ben sabedes, Apple ven de presentar hoxe o iPhone en Europa, comezando polo Reino Unido, se ben en lugares como Franza se pode presentar nos vindeiros días ou semanas, nun evento de Apple.

    Pero, unha das cousas que se agardaba ter co iPhone europeo era unha nova versión, cicais de 16Gb de capacidade, con 3G e algunha cousa máis, como pode ser GPS, e bater duramente contra o Nokia N95. Mais non foi así, e os rumores dunha nova versión do iPhone no primeiro cuarto do 2008 son insistentes.

    Os rumores citan dúas fontes:

    • Por un lugar, se comenta que Apple falou co fabricante Broadcom para suplir chips GPS ao iPhone. Usa unha tecnoloxía revolucionaria, mezcla de satélite e antena de telefonía para ter a localización en lugares onde o satélite non esté dispoñíbel.
    • Por outro lugar, tería falado con Triquint, que fabrica tamén chips, pero neste caso Apple contactou para que lle proporcionase amplificadores de potencia pra o novo terminal.

    Se todo isto é certo, o lanzamento do novo iPhone podería coincidir coa saída do iPhone en España con Movistar, pois se comentou que, como mínimo sería a comezos do 2008. Moitas cousas quedan por desvelar aínda…

    Máis información: The Street


    Posteriores entradas »