Jobs anuncia algunha cousa máis: o Iphone baixa de prezo: 8Gb por 399 dólares. Porén, a versión de 4Gb desaparece, posíbelmente por malas vendas.
Sinceramente, mala táctica a de poñer ao mesmo prezo o iPhone de 8Gb que o iPod Touch de 16Gb. Por certo, aquí tedes unha imaxe con
tódolos modelos sacados hoxe e os seus prezos:
O iPhone aínda non desembarcou no continente europeo, pero cando o faga vai ter uns moi duros competidores. Outro dos móbiles que vén pisando forte para desbancar ó famosísimo trebello de Apple é o LG KU990, un móbil deseñado por LG que mellora en prestacións ó LG PRADA, dispoñible xa nalgúns países de Europa e Asia.
O novo modelo de LG ten unha pantalla panorámica táctil de 3 polgadas, cámara de 5 megapíxeles con auto focus e a posibilidade de gravación de video a 120 fps e soporte HSDPA.
O trebello estará dispoñible no Reino Unido no outono con Vodafone.
Vía: Engadget
Dende CNET quixeron comparar os dous mellores móbiles que hai agora mesmo no mercado, o Nokia N95 e o Apple iPhone.
Finalmente, para os de CNET, gañou o Apple iPhone por 59 a 56 puntos, aínda que o resultado é moi subxetivo e podemos ter outra opinión. Para chegar a un resultado os de CNET compararon os dous teléfonos móbiles en 5 categorías (rondas): atractivo, navegación, características, calidade do vídeo e da música e calidade das chamadas.
O equipo de CNET que comparou os dous trebellos estaba formado por 3 persoas que puntuaban, cada un independentemente, do 1 ao 5.
Logic3 ven de presentar os altofalantes i-Station Traveller, que son os primeiros altofalantes deseñados específicamente pra o iPhone, por se algún lector ou lectora de Trebellos ten un xa.
Neste i-Station Traveller o iPhone se pode colocar en posición horizontal, porén podemos ver vídeos na pantalla escoitándoos polos altofalantes. A potencia total é de 4 Watts producida por altofalantes de neodimio de 32mm.
O iPhone, como dicíamos, pódese pór tanto en horizontal como en vertical, ademais de poder escoitar a través deles outros reproductores, pois ten unha entrada de cable jack de 3.5mm pra outros reproductores.
O i-Station Traveller inclúe unha funda, un adaptador de corrente e catro pilas AAA coas que se pode alimentar. Sairá en breve á venda por 60 dólares.
Sitio oficial: Logic3
br>
Os rumores xa apuntaban a que en Estados Unidos Nokia ía tentar contrarrestar as ventas do iPhone, se ben se dubidaba de entre un N95 mellorado ou algún outro modelo.
Finalmente, Nokia ven de presentar unha renovación do seu N95, cunha batería que dura un 26% máis, cunha cor negra en vez da tradicional prateada en Europa, e ademais se lle dotou ao teléfono dunha conexión HSPDA máis potente e máis memoria RAM, agora 128 Mb.
En Trebellos: Rumor dun Nokia N95 con 8Gb
En Trebellos: Seguen os rumores dun Nokia N95 de 8Gb
Esto que vedes á esquerda é supostamente o Nokia N98, futuro modelo da marca finesa que, na miña opinión, non ten nada que envexarlle ao iPhone, o superaría e con creces. As principais características serían:
Visto o visto, sería un Nokia N95 pero bastante mellorado e con pantalla táctil, penso que todo un avance tratándose de Nokia. De aí que comentaba en Radiovoz fai uns Luns que o principal avance que trae o iPhone non é o iPhone en si, senón cousas como o da pantalla táctil. Veremos se se confirma este trebello.
Vía: SmartSym
23 Jun
Escrito por Il en Apple, Linux, Rumores, Telefonía
Cada día chegan novos rumores sobre o iPhone (do que xa falamos moito en Trebellos.org) pero este é especial, xa que lle abre ao iPhone un novo mercado, os videoxogos.
Seica (aínda son rumores) Nintendo e Apple pensan sacar videoxogos para o iPhone. O que convertiría ao iPhone nun posible competidor da PSP e Nintendo DS, pero como o que fabricaría os xogos sería a compañía Nintendo supoñemos que estes non serán comparables á calidade dos videoxogos das consolas portátiles por iso de non botarse pedras contra o seu propio tellado. pero iso si, os xogos para o iPhone supostamente serán exclusivos.
Os rumores que relacionan a Apple e a Nintendo non son nada novos, pero pode que coa chegada do iPhone convírtanse en realidade. Quén sabe?
Visto en Meristation.
Fai un tempo aquí en Trebellos falamos do iPhone, o primeiro móbil de Apple, que sairá ao mercado en Estados Unidos nunha semana.
Porén, a medida
que vai chegando a data de saída, na web oficial do iPhone a marca norteamericana vai sacando máis videos, máis datos e máis novidades sobre o que na miña opinión pode ser o trebello do ano.
Ademais dos anuncios do iPhone na TV americana podemos ver unha galería de imaxes ou unha vista rápida sobre tódalas funcións que ten, destacando a de teléfono , a de iPod ou a de trebello pra acceder a internet.
Máis información: Web oficial do iPhone
Apple confirmou a data de saída do seu produto estrela desta temporada, o iPhone. Será o 29 de xuño nos Estados Unidos e custará 600 dólares con contrato de permanencia de dous anos. Teremos que agardar máis tempo a que saia en Europa xa que dende Apple aínda non dixeron nada.
Poucas cousas se saben deste móbil de última xeración pero dende Applen saben vender as cousas moi ben, como fan co iPod, e posiblemente terá moitas ventas a pesar do seu prezo, e das súas características.
Unha boa nova para os maqueiros é que o iPhone poderase sincronizar co iTunes e o iPhoto para organizar ben as túas cancións e fotografías.
Hai un rumor que sería moi interesante de ser certo, e é que seica Apple presentará un SDK para poder crear os teus propios programas para o iPhone, ou pasar os widgets de Mac OS X
ao iPhone.
Agardaremos, polo de agora, a que chegue a España.
Máis información: iPhone | Anuncios de TV.
E ao fin chegou o tan rumoreado ultraportábel de Apple, o novo Macbook Air, que resulta ser o portátil máis fino do mundo. As características:
Páxina Oficial | Macbook Air