Rapaces e rapazas, hai algunha que outra novidade sobre o iPhone e a súa venda en Europa, que vai camiño de ser o culebrón do ano. Imos aló con elas:
- Analyst sees 3G iPhone from Apple by Christmas; é dicir, que un analista consultado polo coñecido blogue sobre a marca da mazá AppleInsider comenta que recentes contratos de Apple con fabricantes de tecnoloxía 3G para 7 anos aseguran un iPhone con 3G no Nadal.
- Teléfonica Movistar está en conversas con Apple polo iPhone, e non é un rumor. O propio presidente da compañía, Cesar Alierta, recoñece estar en Londres falando sobre o lanzamento do teléfono, mais comenta que, como moi cedo, a comezos do 2008.
Polo que, aí tedes, un rumor e unha nova confirmada, polo que podería ser unha pequena decepción pra todos aqueles que agardan o iPhone este nadal. Mais, quen sabe, cicais Vodafone se adiante e salga no Nadal. O culebrón non fai máis que continuar…