Non se sabe se cerá certo ou non, xa que Apple aínda non adiantou nada sobre o lanzamento do seu teléfono móbil no continente europeo, pero segundo un anuncio de T-Mobile, a compañía de telefonía móbil que probablemente se fixo cos dereitos de venda do iPhone en Alemaña, o trebello sairía á venda nese país o 12 de novembro con mellores características ca versión actual. De seren certas as características publicadas, o iPhone tería unha capacidade de 16Gb (o dobre da versión actual) e o soporte de redes 3G/HSDPA e non EDGE. As tarifas, tamén dispoñibles no anuncio, serían bastante parecidas ás dispoñibles nos Estados Unidos, con diferenzas de 10, 20 e 30 euros respectivamente nos tres plans. De ser isto certo, para cando teremos confirmación ou anuncio dunha suposta nova versión por parte dos de Cupertino? Vía: CrunchGear
3 Comentarios
Marcus
9 de September de 2007 ás 20:12
1Ese rumor non resulta nada de fiar por varios motivos:
-o cadro de tarifas parece un calco das de AT&T (e a telefonÃa en Europa non se ve igual que nos EE.UU.).
-a imaxe do anuncio está moi comprimida
-nos distintos blogs non aparece unha fonte fiable da filtración do anuncio
-no Reino Unido están a actualizar o software das antenas de GSM para soportar EDGE (o que din que é por mor do iPhone)
-Vodafone comentou que non haberÃa iPhone 3G este ano, e que eles estaban a traballar duramente para que saÃse tal terminal (o UMTS/HSDPA é prioritario para a operadora británica).
Pero aparte de que a imaxe sexa un bulo, o máis probable é que se trate dun globo sonda para resolver dúas cuestións:
-¿tragarán os europeos cun prezo tan elevado coma 499 euros cando nos EE.UU. o iPhone está máis barato?
-¿quererá o público paquetes de tarifa plana de datos minutos de voz?
A min esta última opción paréceme moi trapalleira, pois a xente está máis afeita a pagar por chamadas que por minutos, e o non coñecer o seu consumo habitual non quererán contratar paquetes dos que poden estar pagando de máis.
Héctor Anllo
9 de September de 2007 ás 20:22
2Boas Marcus!
Non ten porque ser tan pouco fiable. O que dis de que no Reino Unido están adaptando as antenas pode ser certo, pero baixo o meu punto de vista non é nada rentable. A cobertura europea 3G (agora HSDPA case en tódolos lados) é moito máis rápida que a EDGE e serÃa un paso atrás, ademáis actualizar todo trae consigo un gasto importante para nada sufragable coa porcentaxe que levan eles de vendas e de chamadas.
O do prezo do trebello… segue a parecerme excesivo tanto nos Estados Unidos coma aquÃ… ó igual que o do iPod Touch.
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario
Seccións
Arquivos
Autores
Ligazóns
Trebellos
Empresas galegas
Consolas
Últimos comentarios