Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

O iPhone comeza a confirmarse en Europa

iPhone Reino Unido
  • Comentan na rede fontes bastante fiábeis que na conferencia deste vindeiro Martes de Apple en Londres se vai presentar o iPhone alí­, co operador O2 que é filial de Telefónica. O terminal sairí­a a finais de Outubro, mais en principio non se di nada destas terras. Agardemos.
  • En Appleweblog falan do rumor da saí­da do iPhone en Alemaña con T-Mobile. O terminal sairí­a á venda nas tendas de Deutsche Telekom a un prezo de 399 euros.

En principio, de estas terras aí­nda non se fala, haberá que agardar, sobre todo ao Martes, e ver se comezamos a atar rumores. Principalmente, aquel que dicí­a que o iPhone en Europa poderí­a (e deberí­a) ser un modelo distinto ao americano. Sexa o que sexa, en Trebellos informaremos ao momento.

Ví­a: Gizmodo


Publicidade

Comentarios