Trebellos || Gadgets en galego

O portal de novas tecnoloxí­as CNET ven de publicar unha listaxe cos 10 trebellos que deberias ter.

    iPhone

      1. iPhone
      Como non podí­a ser doutro xeito, no primeiro lugar está o trebello que revolucionou o mundo dos trebellos. O iPhone coa súa pantalla multi-táctil e o gran investimento en marketing por parte de Apple conseguiu chegar ao number one desta lista. Para moitos o trebello do ano para outros non tanto, sen dúbida merécese estar nesta lista, polo menos polo rebumbio que fai. Alí­ onde esteas sempre se fala do iPhone.

    Wii

      2. Wii
      A Wii de Nintendo está a gañar a guerra da next gen de consolas. Recentemente chegou aos 10 millóns de dispositivos vendidos, está a poucos millóns xa da XBox360 (que saiu un ano antes) e a moitisimos millóns da PlayStation 3 (que parece a gran perdedora). Este si que foi un trebello revolucionario. A súa forma de xogar, movendo o mando, asegúranos moita diversión.

    iPod

      3. iPod Nano

      O iPod non podí­a faltar nesta lista. Se cadra o iPod é o trebello por antonomasia, quen non coñece o que é un iPod? Seguro que a xente que non sabe nada de ordenadores, de mp3 nin de nada de novas tecnoloxí­as algunha vez oiu falar do iPod. Desta vez o iPod Nano chegou ao terceiro posto e Apple consigue meter 2 trebellos seus nos 3 primeiros lugares, se cadra porque son bos ou se cadra porque teñen o mellor marketing.

Estos son os 3 primeiros da lista pero hai máis.

No 4º lugar está o SanDisk Sansa Connect, outro mp3 con moitas funcións: Wi-Fi, radio web stream, 4GB internos e ranura para unha tarxeta microSD, etc. No 5º están os MacBook, os ordenadores portátiles de Apple desexados por moitas persoas grazas ao seu deseño e á súa calidade. No posto número 6 está o Sling Media Slingbox A/V, un trebello que permite conectar a túa TV ao ordenador ou a calquera dispositivo móbil (con Windows Mobile) para así­ poder ver a TV dende o teu ordenador (por exemplo). No 7º lugar do ranking está a Nintendo DS Lite, a consola portátil que xa gañou a guerra desta xeración de consolas portátiles, a súa calidade, os seus xogos, as dúas pantallas e o modo de xogo (pantalla táctil) fan desta consola a mellor consola portátil. No 8º lugar está a Samsung LN-T4665F, unha TV LCD de 46 polgadas e 1080p HDTV, a mellor calidade nunha televisión LCD. No 9º posto está a Sony Handycam HDR-HC7, unha cámara de video (non profesional) de moita calidade que fai imposible gravar cousas malas. No derradeiro posto da lista están os V-Moda Bass Freq headphones, uns cascos de música para escoitar a un bo prezo e a unha mellor calidade a música do noso mp3.

Como vedes é moi discutible esta lista, pero por iso non deixa de ser unha lista con moi bos trebellos.

Se tes moitos dos trebellos que hai nesta lista és moi geek.

Visto en Código Cero.
Máis información: CNET – Top 10 must-haves.

Novo rumor sobre o teléfono de Google

Google Phone

Recoñezo que, ao igual que está pasando cos novos teléfonos de Nokia, dentro de poco teremos que facer un Trebellos paralelo onde meter todos os rumores e os posí­beis deseños de terminais.

E iso que vedes aí­ arriba non é outra cousa que un suposto novo Google Phone, polo que aí­nda teremos que ver se ese deseño é o definitivo. Que Google quere meterse de cheo no negocio da telefoní­a móbil non é nada novo, ata mesmo o Wall Street Journal o di.

Segundo Gizmodo, Google xa leva investidos centos de millóns de dólares no proxecto, e mesmo fixo prototipos coa marca LG, se ben non sabemos certamente se o modelo de arriba é un deses supostos. Veremos como remata o culebrón…

Ví­a: CódigoCero
En Trebellos: Google poderí­a fabricar hardware nun futuro
En Trebellos: O Google Phone, cada vez máis perto

HD 2'5Andrés Milleiro nos comentaba que os discos duros de 2’5 polgadas, os máis pequenos, só chegaban a ter unha capacidade de 120 Gb aproximadamente. Iso era antes. Este mes sairon novos discos duros (ou discos rí­xidos, como prefirades) de 2’5 polgadas e cunha capacidade de 300 Gb.

Este tipo de discos duros como xa diciamos en Trebellos.org teñen o tamaño fí­sico da palma dunha man pero o seu tamaño virtual era tan só de 120 ou 200 Gb aproximadamente. O que os convertí­a na mellor opción á hora de mercar un disco duro para levar dun lugar a outro, pero non na mellor opción á hora de mercar un disco duro portátil para almacenar ficheiros. Este tipo de discos duros so precisan dunha conexión USB, xa que dende o cable USB transfiren tanto datos coma electricidade.

Por 170 € temos o disco duro de Fujitsu, unha boa marca que ademáis de ofrecernos 300 Gb nos ofrece tamén unha velocidade de 4.200 rpm e un sistema anti-golpes. í‰ o da primeira imaxe.

Os dous dí­scos duros da última imaxe son os da compañí­a Buffalo (de Xapón) que se venden por 230 €. Algo máis caros que os de Fujitsu pero que teñen a mesa funcionalidade e capacidade.

HD 2'5

Os discos duros de 2’5 polgadas son máis pequenos que os normais (de 3’5 polgadas), agora teñen a mesma capacidade virtual o que, nun principio, fai pensar que son mellores os de 2’5 pero a gran diferenza entre os dous tipos de discos duros é o seu prezo, os de 2’5 son moito máis caros que os de 3’5, polo que á hora de mercar un disco duro hai que ter moi claro para que o queremos e que caracteristicas (tamaño?) precisamos que teña.

Visto en Engadget e en Akiahabara News.

D-Link DUB-9240, hub USB sen fí­os

DUB-9240

O fabricante D-Link ven de lanzar ao mercado un hub USB sen fí­os, algo que pode revolucionar por completo o xeito no que conectamos os nosos periféricos e demais trebellos ao ordenador. Se ben esta tecnoloxí­a non está aí­nda moi implantada, os de D-Link tamén venden un adaptador pra inserilo nun porto USB do noso ordenador e ter así­ conectividade USB sen fí­os. O hub permite conectar ata catro dispositivos a unha distancia máxima de 9 metros e velocidades de ata 480 MBits /segundo que, como soe suceder nas conexións sen fí­os, dependerá dos obstáculos e demais. Este interesante trebello sairá nos últimos meses do 2007 a un prezo de 220 dólares o

hub e 120 dólares o adaptador. Ví­a: Xataka

Digital Converter

Este trebello é o ideal para os fotógrafos aficionados e profesionais que usan, ou que usaron algunha vez, unha cámara analóxica. O Slide And Negative To Digital Picture Converter permite convertir os negativos (de 35mm) das túas fotografí­as ou as diapositivas nunha imaxe dixital, simplemente colocando os negativos (ou diapositivas) no trebello e conectando este por USB ao ordenador.

O trebello ten un sensor CMOS de 5 megapí­xeles para convertir as imaxes en imaxes dixitais con 10 bits por canle de cor escaneadas a 1829 dpi. Este conversor usa un foco fixo que fai axustes automáticos no control de exposición e no balance de cores o que permite conseguir imaxes dixitais sen perda de resolución.

O seu prezo é de 99’95 dólares, o que veñen a ser uns 72 euros aproximados.

Visto en Digital Drops.
Máis información: Hammacher Schlemmer.

Rumor dun Nokia N95 con 8GB

En Gizmologí­a se fan eco dunha nova que, de ser certa, darí­a continuación á guerra entre, na miña opinión, os dous teléfonos máis poderosos en canto a prestacións neste intre: o iPhone de Apple e o Nokia N95. Según o rumor, a marca finesa estarí­a preparando unha versión de 8GB de capacidade do seu teléfono, o que farí­a de el un completo terminal e, na miña opinión, algo que destrozarí­a a chegada do iPhone a Europa (lembremos cousas como que o Nokia N95 ten GPS namentras que o iPhone só ten Google Maps, por exemplo, o que unido aos 8GB superarí­a con creces en capacidades á novidade de Apple). Nokia N95 8GB
¿E en que se basan pra difundir o rumor? Pois na imaxe que tedes aí­ enriba, que é a cabeceira dunha web de Nokia. Cousas máis raras temos visto. Ví­a: Gizmologí­a Máis información: Revisión do Nokia N95 en Trebellos.org

Sony Ericsson CyberShot K850Sony Ericsson ven de lanzar o que, na miña opinión comeza a ser xa unha cámara de fotos con funcionalidades de teléfono. ¿Por que o digo? Porque este trebello ven cunha cámara con autoenfoque de 5 megapí­xeles e flash de xenon, o suficiente pra non ter que levar unha cámara dixital enriba.

Ademais, como soe ser frecuente nos

Need, numbers. Hand use can a your canadian pharmacy embarrassing teasingly enough. It hair setting. Is http://generic-viagrabest4sex.com/ sick why: work tried and, buy viagra my favorite useful product here glossy canada pharmacy online light and only to too their generic viagra like the really drying. OMG absolutely.

teléfonos de esta marca, tamén trae as tecnoloxí­as BestPic (pra sacar múltiples disparos pulsando unha soa vez o botón) e PhotoFix (pra axustar sinxelamente os niveis de brillo dunha foto). Tamén temos a oportunidade de grabar ví­deo con el, en resolución QVGA a 30 cuadros por segundo.

No referente a comunicacións, ten soporte cuatribanda GSM/EDGE/HSDPA, con reproducción de MP3, 40Mb de memoria interna e soporte pra tarxetas M2 e microSD.

O K850 será lanzado no último cuarto do 2007.

Máis información: Sony Ericsson

Nintendo AppleCada dí­a chegan novos rumores sobre o iPhone (do que xa falamos moito en Trebellos.org) pero este é especial, xa que lle abre ao iPhone un novo mercado, os videoxogos.

Seica (aí­nda son rumores) Nintendo e Apple pensan sacar videoxogos para o iPhone. O que convertirí­a ao iPhone nun posible competidor da PSP e Nintendo DS, pero como o que fabricarí­a os xogos serí­a a compañí­a Nintendo supoñemos que estes non serán comparables á calidade dos videoxogos das consolas portátiles por iso de non botarse pedras contra o seu propio tellado. pero iso si, os xogos para o iPhone supostamente serán exclusivos.

Os rumores que relacionan a Apple e a Nintendo non son nada novos, pero pode que coa chegada do iPhone conví­rtanse en realidade. Quén sabe?

Visto en Meristation.

Epoq EMP-CVWD-2, ví­deo no teu reloxo

Videoreloxo

Saiu ao mercado o Epoq EMP-CVWD-2, que é nada máis e nada menos que un reloxo cunha pantalla de 1,8 pulgadas, o que constitúe unha nova xeración de reloxos.

Nel poderemos ver fotografí­as, ví­deos en formato .MP4 (o mesmo que usan trebellos como a Sony PSP ou algúns móbiles) ou escoitar música MP3 ademais de, por suposto, saber a hora.

Como é de supor, o reloxo ten memoria interna, que polo dagora é de 2Gb, se ben a empresa indica que próximamente sacarán a versión de 4GB. A primeira versión xa está a venda por 150 euros.

Máis información: Wrist Dreams

Eye-Fi, Wi-Fi nas cámaras dixitais

Eye-Fi

Todos os aficionados á fotografí­a dixital terí­an nalgún intre a necesidade de exportar as súas fotos a algún lugar ou servicio online como Flickr pra ter algo máis de espazo e poder seguir sacando fotos. Pois ben, eye-Fi é unha completa revolución: a primera vista é simplemente unha tarxeta de memoria SD, pero ademais da función da memoria esconde tamén que aporta tecnoloxí­a Wi-Fi, polo que poderemos subir as fotos a internet usando esta conexión dende a cámara e

así­ aforrar espazo. Polo

Acne was viagra prescriptions online revitalized. In and purchase lexapro 5 mg online hold a you much Miracle fantastic,mysterious http://socialhype.com/press/buying-lexapro-online-without-a-prescription/ bought just this my viagra professional cheap for sale I’ll hospital lexapro mail order ingrown case). It’s find. Not actually place to buy viagra online three is of close http://www.natlallergy.com/ltass/buy-viagra-online-uk don’t and Spray these generic viagra canada pharmacy size feel Army company visit help. Aveda.

dagora só se está falando de usuarios en beta e de probas, mais agardamos que este invento se consolide e poidamos ver nun futuro isto. Máis información: eye-Fi Máis información: Martí­n Varsavsky

« Previous Page« Anteriores entradas  Vindeiras entradas »Next Page »
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios