O Google Phone, cada vez máis perto
Como era de agardar, despois da confirmación da investigación pra sacar ao mercado un teléfono móbil de Google surxen de vez en cando novos rumores sobre o trebello en cuestión.
En Engadget comentan que o fabricante do teléfono, HTC, confirma os primeiros envíos a finais do 2007 e avanzan, ademais, que o teléfono será 3G e Edge, mais non vai traer GPS integrado, o que é unha mágoa ao ter o propio teléfono Google Maps, que sería a perfecta combinación cun GPS (ademais de outras aplicacións que traerá, como unha pra ler correo de Gmail).

[…] Original post by Trebellos […]