
Este trebello é o ideal para os fotógrafos aficionados e profesionais que usan, ou que usaron algunha vez, unha cámara analóxica. O Slide And Negative To Digital Picture Converter permite convertir os negativos (de 35mm) das túas fotografías ou as diapositivas nunha imaxe dixital, simplemente colocando os negativos (ou diapositivas) no trebello e conectando este por USB ao ordenador.
O trebello ten un sensor CMOS de 5 megapíxeles para convertir as imaxes en imaxes dixitais con 10 bits por canle de cor escaneadas a 1829 dpi. Este conversor usa un foco fixo que fai axustes automáticos no control de exposición e no balance de cores o que permite conseguir imaxes dixitais sen perda de resolución.
O seu prezo é de 99’95 dólares, o que veñen a ser uns 72 euros aproximados.
Visto en Digital Drops.
Máis información: Hammacher Schlemmer.
Ten boa pinta. Eu teño un escaner hp que incorpora un accesorio, pero os resultados deixan moito que desexar, e as alternativas eran realmente caras. 72 € xa é outra cousa.
Pois si, da ganas de mercalo, aÃnda que estarÃa mellor coñecer o resultado das fotografÃas dixitalizadas, non vaia ser que logo non valla a pena mercalo.