HD 2'5Andrés Milleiro nos comentaba que os discos duros de 2’5 polgadas, os máis pequenos, só chegaban a ter unha capacidade de 120 Gb aproximadamente. Iso era antes. Este mes sairon novos discos duros (ou discos rí­xidos, como prefirades) de 2’5 polgadas e cunha capacidade de 300 Gb.

Este tipo de discos duros como xa diciamos en Trebellos.org teñen o tamaño fí­sico da palma dunha man pero o seu tamaño virtual era tan só de 120 ou 200 Gb aproximadamente. O que os convertí­a na mellor opción á hora de mercar un disco duro para levar dun lugar a outro, pero non na mellor opción á hora de mercar un disco duro portátil para almacenar ficheiros. Este tipo de discos duros so precisan dunha conexión USB, xa que dende o cable USB transfiren tanto datos coma electricidade.

Por 170 € temos o disco duro de Fujitsu, unha boa marca que ademáis de ofrecernos 300 Gb nos ofrece tamén unha velocidade de 4.200 rpm e un sistema anti-golpes. í‰ o da primeira imaxe.

Os dous dí­scos duros da última imaxe son os da compañí­a Buffalo (de Xapón) que se venden por 230 €. Algo máis caros que os de Fujitsu pero que teñen a mesa funcionalidade e capacidade.

HD 2'5

Os discos duros de 2’5 polgadas son máis pequenos que os normais (de 3’5 polgadas), agora teñen a mesma capacidade virtual o que, nun principio, fai pensar que son mellores os de 2’5 pero a gran diferenza entre os dous tipos de discos duros é o seu prezo, os de 2’5 son moito máis caros que os de 3’5, polo que á hora de mercar un disco duro hai que ter moi claro para que o queremos e que caracteristicas (tamaño?) precisamos que teña.

Visto en Engadget e en Akiahabara News.