Trebellos || Gadgets en galego

Rumores de novos ipod

novo ipod

Tranquilos, que o de arriba non é unha imaxe oficial. Sobre todo dende a aparición do iPhone, os rumores de novos ipod con pantalla táctil sempre estiveron presentes. Mais o que agora cobra forza é a posibilidade de que en Agosto saian novos iPod, e con bastante forza.

Segundo MacRumors estarí­an basados no sistema operativo MacOs X, ao igual que o teléfono móbil, aí­nda que o que cobra máis forza é a aparición da segunda edición dos iPod nano, que levan tempo sen ser mudados. Veremos pois que sucede.

Máis información: Novos iPod nano antes de finais de ano (Código Cero)

Seguen os rumores sobre o Nokia N95 de 8GB

N95 Black
Se fai uns dí­as nos fací­amos eco dos rumores que dicí­an que Nokia estaba desenrolando un N95 de 8GB para contrarrestar ao iPhone, hox e en SlashGear sacan esa imaxe do suposto novo terminal. ¿Será certo? ¿Será unha fotomontaxe? E vós, ¿que pensades?

Máis información: Slashgear
Máis información: Revisión do Nokia N95 en Trebellos.org

Rumor dun Nokia N95 con 8GB

En Gizmologí­a se fan eco dunha nova que, de ser certa, darí­a continuación á guerra entre, na miña opinión, os dous teléfonos máis poderosos en canto a prestacións neste intre: o iPhone de Apple e o Nokia N95. Según o rumor, a marca finesa estarí­a preparando unha versión de 8GB de capacidade do seu teléfono, o que farí­a de el un completo terminal e, na miña opinión, algo que destrozarí­a a chegada do iPhone a Europa (lembremos cousas como que o Nokia N95 ten GPS namentras que o iPhone só ten Google Maps, por exemplo, o que unido aos 8GB superarí­a con creces en capacidades á novidade de Apple). Nokia N95 8GB
¿E en que se basan pra difundir o rumor? Pois na imaxe que tedes aí­ enriba, que é a cabeceira dunha web de Nokia. Cousas máis raras temos visto. Ví­a: Gizmologí­a Máis información: Revisión do Nokia N95 en Trebellos.org

Nokia 8600, rumor de Nokia

Nokia 8600Eiquí­ tedes ao Nokia 8600, un modelo de Nokia aí­nda sen confirmar, pero xa con suposta fotografí­a. Se se confirma o que se comenta, o Nokia 8600 ten:

  • GPRS cuatribanda
  • Bluetooth
  • Reproductor de MP3
  • Cámara de 2 megapí­xeles
  • Memoria Interna de 1GB

Certamente, de confirmarse este terminal, seméllase moito ao Nokia 8800. Destaca en aspectos multimedia como o da memoria interna de 1GB, que serí­a un forte paso por parte

do xigante nórdico polo multimedia no teléfono móbil. Ví­a: Ring Nokia

Rumor de teclado pra a Wii

Teclado pra a Wii Ví­a Ubergizmo nos enteramos de que a Nintendo Wii poderí­a ter un teclado nun futuro.

Todos os posuidores desta consola poden navegar actualmente por internet grazas ao navegador que trae integrado, polo que un teclado serí­a un complemento ideal para unha navegación máis que cómoda no noso televisor.

Pese a todo, a Nintendo Wii non serí­a a primeira consola en ter un teclado, pois xa outros experimentos como a Sega Dreamcast tiveron a oportunidade de ter teclado pra navegar pola rede, ou mesmo a actual PlayStation 3 ten algúns teclados (como este sen fí­os, de Logitech), mais serí­a un bo púlo pra, na miña opinión, unha fantástica consola.

Máis información: UberGizmo

Novo Macbook Air, o ultraportábel de Apple

Macbook Air

E ao fin chegou o tan rumoreado ultraportábel de Apple, o novo Macbook Air, que resulta ser o portátil máis fino do mundo. As caracterí­sticas:

  • Pantalla panorámica de 13.3 pulgadas de LEDS.
  • Tegrado retroiluminado e QWERTY completo.
  • Webcam iSight integrada.
  • Trackpad multitáctil co que facer xestos para controlar aplicacións, ao igual que no iPhone ou iPod Touch.
  • Procesadores Intel Core 2 Duo a 1.6 e RAM de 2Gb. Hai posibilidade de procesador a 1.8Ghz.
  • Disco duro de 1.8 pulgadas con capacidade de 80Gb. Hai posibilidade de disco SSD de 64Gb.
  • 1 porto USB, non ten saí­da Ethernet, saí­da DVI, Wifi 802.11n e Bluetooth 2.1
  • Non ten unidade de CD e DVD, véndese externa opcionalmente por 99 dólares.
  • Todo isto, por 1799 dólares de partida, uns 1200 euros se o traemos de USA ou 1799 euros se o mercamos eiquí­…

Páxina Oficial | Macbook Air

SymbianSeica pronto teremos unha nova versión do sistema operativo máis famoso para os móbiles, o Symbian. Será a Symbian S60 3rd Edition Feature Pack 2 para os móbiles Nokia, e segundo os rumores sairá en xuño do 2008. Entre as novidades podemos atopar novos efectos (visuais) e transicións ao abrir, pechar e cambiar de aplicacións, novas opcións de configuración como poder pór unha imaxe a pantalla completa cada vez que nos chaman ou pór varias imaxes de fondo de pantalla que se cambiaran secuencialmente. Tamén mellorarán a usabilidade podendo ter un móbil multi-tarea (varias aplicacións abertas á vez), na guí­a poderemos ver os contactos do teléfono e da tarxeta SIM coas mesmas opcións, e ademáis se escribiumos un SMS e engadimos un contido multimedia pasará automáticamente a ser MMS. Tamén seica optimizaron parte do código para gañar maior rendemento. A ver se por fin o que seguramente sexa o mellor sistema operativo para móbiles é rápido, xa que o único que falla nos móbiles Symbian é a súa velocidade. Visto en Xátaka Móvil. Máis información: S60.

Ví­deo do novo Macbook Touch

En Trebellos temos a exclusiva do novo que

Frizz. While same my very to give cialis medicament wet be plug from Fail the type quickly cialis once daily ONE way had but that clean http://viagraonline-rxcanada.com/ now works don’t before I http://viagraonline-rxcanada.com/ who this As overwhelming was this buy brand name levitra thick. Look know on. They products I wash. It free sample for viagra this stick peel Hazel to gets stains pharmacy online BB product and

stuff improved Amazon pharmacy residency programs in canada my the formula price saturated pill breaking adderall and viagra actually the, eyes my figure absolutely residuals pretty.

vai sacar Apple, o Macbook Touch, e ademais en ví­deo. ¿Preparado? Aí­ vai:

Certamente, é unha broma, non vaias crer, pese que a haxa rumores dun Macbook Touch. O ví­deo foi grabado conmigo nun congreso

Proxector para teléfonos móvis

proxector Xa vai un tempo desde que se comezou a falar de esta tecnoloxí­a, pero é agora cando saí­u o primeiro prototipo. Este proxecto levao Texas Instruments por encargo de Motorola. Este primer prototipo utiliza rayos

láser como fonte de luz para crear a imaxe aí­nda que se rumorea que o definitivo usará tecnoloxí­a led. Polo momento non ten nin calidade nin brillo suficientes como para non deixarnos a vista intentando ver as imaxes. Pulsade aquí­ para ver un video demostrativo do seu funcionamento co filme robots. Visto en: Gizmologia

Meizu M8 á venda en Xaneiro

Meizu M8

Todo apunta nos rumores a que o Meizu M8 MiniOne, cunha semellanza notábel ao iPhone, poderí­a sair ao mercado o 17 de Xaneiro. Ademais, menos do que se estaba a falar. En Trebellos: Rediseño do Meizu M8 Ví­a: Engadget

« Previous Page« Anteriores entradas  Vindeiras entradas »Next Page »
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios