Rumores de novos ipod

novo ipod

Tranquilos, que o de arriba non é unha imaxe oficial. Sobre todo dende a aparición do iPhone, os rumores de novos ipod con pantalla táctil sempre estiveron presentes. Mais o que agora cobra forza é a posibilidade de que en Agosto saian novos iPod, e con bastante forza.

Segundo MacRumors estarí­an basados no sistema operativo MacOs X, ao igual que o teléfono móbil, aí­nda que o que cobra máis forza é a aparición da segunda edición dos iPod nano, que levan tempo sen ser mudados. Veremos pois que sucede.

Máis información: Novos iPod nano antes de finais de ano (Código Cero)

5 comments

  1. Non o vexo nada claro, se agora xa teñen o problema da batería que pasará se teñen que soportar o MacOS X e por riba os fan pensando que o vídeo será a súa principal función. Aposto máis polo rumor de renovación dos Nano, que boa falta lles fai.

  2. Sak, os Nano vanse renovar con case total seguridade e serán presentados en Agosto segundo os rumores, con algo máis de capacidade e de aluminio, como os antigos iPod mini.

    No referente aos iPod “grandes”, poderían ter a mesma batería do iPhone (digo eu, que xa postos)…e polo que sei, o iPhone non vai mal de batería, problema crónico nos Nokias da serie N e que é algo que fai falla mellorar en xeral na telefonía móbil. De tódolos xeitos, eu teño un iPod 4G (o anterior ao de vídeo, o que soporta fotos) e non me podo queixar da batería, a verdade…

Leave a comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.