Vía Ubergizmo nos enteramos de que a Nintendo Wii podería ter un teclado nun futuro.
Todos os posuidores desta consola poden navegar actualmente por internet grazas ao navegador que trae integrado, polo que un teclado sería un complemento ideal para unha navegación máis que cómoda no noso televisor.
Pese a todo, a Nintendo Wii non sería a primeira consola en ter un teclado, pois xa outros experimentos como a Sega Dreamcast tiveron a oportunidade de ter teclado pra navegar pola rede, ou mesmo a actual PlayStation 3 ten algúns teclados (como este sen fíos, de Logitech), mais sería un bo púlo pra, na miña opinión, unha fantástica consola.
Máis información: UberGizmo
isto… o meu irmán ten unha, xoga a través do meu router wifi con persoas de todo o mundo pero se quere navegar navegador integrado.. creo que non ten..
saudiños
manu, existe o navegador Opera, que se pode descargar.
Tes máis info aquÃ:
http://www.vidaextra.com/2007/03/25-version-final-del-navegador-opera-para-wii